Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 22 de setembro de 2020 Páx. 36959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 32/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 32/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Regueiro Requeijo contra Áncora Hispania, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución coa parte dispositiva seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, trinta e un de agosto de dous mil vinte.

Parte dispositiva:

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía María Teresa Regueiro Requeijo con Áncora Hispania, S.L. e condeno Áncora Hispania, S.L. a aboar a María Teresa Regueiro Requeijo a suma de 759,75 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 1.448,72 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Áncora Hispania, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza