Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 22 de setembro de 2020 Páx. 36961

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolucións (ETX 72/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 72/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Fernández Cao contra Bierzo Enxebre, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, foron ditadas resolucións cuxa parte dispositiva é:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González

Santiago de Compostela, vinte e dous de xullo de dous mil vinte.

Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución do decreto nº 181/2020 do 20.6.2020, ditado no procedemento DOI 109/2020 a favor da parte executante, Carlos Fernández Cao, contra Bierzo Enxebre, S.L. e o Fogasa, parte executada, polo importe de 14.504,31 euros en concepto de principal (8.787,75 euros en concepto de indemnización e de 5.716,56 euros en concepto de salarios e quitación), máis outros 1.450,43 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co cal a executada fica apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de Xustiza, Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, vinte e dous de xullo de dous mil vinte.

Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Bierzo Enxebre, S.L., a fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 14.504,31 euros en concepto de principal (8.787,75 euros en concepto de indemnización e de 5.716,56 euros en concepto de salarios e liquidación), máis outros 1.450,43 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0072 20), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación deles a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir Bierzo Enxebre, S.L. a fin de que no prazo de dez días manifeste relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, ao menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Requirir a parte executante Carlos Fernández Cao, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade a fin de lle transferir as cantidades que, se for o caso, se obtiveren na presente execución.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bierzo Enxebre, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza