Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 4 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica nos concellos de Dumbría e Vimianzo (expediente IN661A 2010/4-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Alto da Croa II nos concellos de Dumbría e Vimianzo (expediente IN661A 2010/4-1), pola resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, do 17 de agosto de 2020, a favor da entidade beneficiaria Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U., con enderezo na praza de María Pita 10-1º, 15001 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar os días 5 e 6 de novembro de 2020, nos concellos de Dumbría e Vimianzo, respectivamente, para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución nos taboleiros de edictos dos ditos concellos, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 29.11.2018 e no xornal La Voz de Galicia da mesma data, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas das casas consistoriais dos ditos concellos.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 4 de setembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña