Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2020/078-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Frigoríficos de Oya, S.A.

Domicilio social: rúa Novo O Mar, 1, 36320 Redondela.

Denominación: LMTS, CS Frioya.

Situación: Mos.

Características técnicas: instalación dun centro de seccionamento formado por tres celas de liña e unha cela de servizos auxiliares. Liña de media tensión subterránea de 15 kV e 10 metros de lonxitude con orixe e final en arqueta con entrada e saída no centro de seccionamento proxectado. As instalacións están situadas na rúa Anel da Lagoa 10-6, polígono industrial A Veigadaña, no concello de Mos (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 26 de agosto de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra