Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37044

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 430/2020).

PO. Procedemento ordinario 43/2020

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Donzelina da Silva Ferreira

Avogada: María Milagros Verde Crespo

Demandados: Filomena Casal Gómez, Asociación Thaismon, Barti Servicios 2009, S.L., Fogasa

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 430/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Donzelina da Silva Ferreira contra a empresa Barti Servicios 2009, S.L., contra a administradora concursal da anterior, Filomena Casal Gómez, Asociación Thaismon e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Iria Román Vidarte.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2020

Parte dispositiva

Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada, con entrega de copia á parte demandada.

– Estar á espera do sinalamento do día e da hora para a celebración dos actos de conciliación e/ou xuízo, sinalamento que se acordará por medio da correspondente dilixencia de ordenación, con expedición das correspondentes cédulas de citación ás partes.

De conformidade co disposto no artigo 89.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS) comunícaselles ás partes que a celebración do xuízo, unha vez que se sinale a súa data, se realizará sen a presenza na sala do letrado da Administración de xustiza, salvo que o soliciten as partes polo menos dous días antes da celebración da vista ou que excepcionalmente o considere necesario o letrado da Administración de xustiza.

En todos aqueles procedementos en que, en virtude do establecido no artigo 63 e seguintes da LRXS, así como a regulación da súa correspondente modalidade procesual, sexa preceptivo o intento de conciliación mediante comparecencia ante o letrado da Administración de xustiza do órgano co fin de tentar a evitación do proceso, fáiselles saber ás partes que o dito intento, con avinza ou sen avinza, se realizará na Secretaría do xulgado, entregándolles aos intervenientes copia da acta expedida para tales efectos como xustificante dela, a cal se deberá unir ao expediente no acto de celebración da vista.

– Requíranse as partes para que, no caso de que non figuren en autos, designen un número de fax ou correo electrónico para efectos de notificacións co fin de axilizar a comunicación do novo sinalamento; unha vez achegado, únase ao procedemento para a súa constancia en autos.

– Ao outrosí digo, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a ou representado/a de avogado/a ou graduado social para efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS, aínda que se lles advirte que, se se designa letrado, graduado social colexiado ou procurador, a demanda deberá ir subscrita polo profesional, que se entenderá que asume a súa representación con plenas facultades procesuais, sen prexuízo da ratificación posterior en xuízo do demandante salvo que con anterioridade outorgue poder en forma, conforme o artigo 80.1.e) da LRXS, para cuxos efectos se require para que emende o defecto advertido.

– Respecto ao outrosí digo segundo, tratándose de dilixencias de proba, para os efectos previstos no artigo 81.4 da LRXS, paso a dar conta á maxistrada.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á SSª do acordado.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción contida nesta ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

“Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2020

Dada conta, respecto ao outrosí segundo solicitado por parte da demandante no seu escrito de demanda, acórdase:

1. Interrogatorio. Procede o solicitado conforme o artigo 90.3 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (art. 87 da LXS). Para ese efecto, fágaselles saber ás partes demandadas, Barti Servicios 2009, S.L., Filomena Casal Gómez, como administradora concursal da primeira, e Asociación Thaismon, que deberán comparecer persoalmente ou a través de persoa con poder suficiente e, en caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio, e advírtaselles que, en caso de non compareceren, se lles poderá impor a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que, se non comparecen sen xusta causa á primeira citación, rexeitan declarar ou persisten en non responder afirmativa ou negativamente a pesar do apercibimento que se lles fixese, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte. No caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade do dito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

2. Documental solicitada nas epígrafes A) e B). Procede o solicitado conforme o artigo 90.2 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (art. 87 da LXS).

Para tales efectos, requírese a parte demandada, Barti Servicios 2009, S.L., e Filomena Casal Gómez como administradora concursal da primeira, para que acheguen no acto de xuízo, unha vez que se sinale este, os documentos solicitados:

– Nóminas e boletíns de cotización da demandante de todo o período reclamado.

– Contrato de traballo e modificacións contractuais da traballadora.

– Escrituras de constitución da entidade e modificacións de socios/as e/ou persoas apoderadas dela.

– Contratos de alugamento de locais vixentes entre o 1 de xaneiro de 2018 e a data de xuízo en Santiago de Compostela.

– Contas da entidade dos anos 2018 a 2019.

Así mesmo, requírese a parte demandada, Asociación Thaismon, para que achegue no acto de xuízo, unha vez sinalado este, os documentos solicitados:

– Escrituras de constitución da entidade e organigrama.

– Apoderamentos feitos pola entidade e persoas físicas na provincia da Coruña.

– Contratos de alugamento de locais vixentes entre o 1 de xaneiro de 2018 e a data do xuízo en Santiago de Compostela.

– Contas da entidade dos anos 2018 e 2019.

Coa advertencia de que, de non o facer, se poderán ter por probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba acordada (art. 94 da LXS).

3. Máis documental da epígrafe B) relativa ao Vilem das empresas. Procede o solicitado conforme o artigo 90.2 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (art. 87 da LXS). Para tales efectos, procédase por parte da oficina xudicial a obter o Vilem das empresas a través do sistema CexSIL no cal consten as altas e baixas desde o 1 de xaneiro de 2019 ata a data do xuízo, da cotización das codemandadas na provincia da Coruña (Barti Servicios 2009, S.L, CCC: 5113584952 e Asociación Thaismon, CCC: 15120586635) e, se non se pode obter a través do dito sistema, ofíciese en tales efectos á Tesouraría da Seguridade Social.

De ser o caso, sen que todo isto signifique a admisión da proba proposta pola demandante, xa que esta deberá propola e, de ser o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo (art. 87 da LXS).

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nel ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 4 aberta en Banco Santander, conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, e indicar, no campo Concepto, Recurso seguido do código 30 Social-reposición. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código 30 Social-reposición. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/ aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A xuíza. O/A letrado/a da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Barti Servicios 2009, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza