Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37043

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 342/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 342/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Torreira García contra AC Hogar, S.L. e Hogar Donnatela, S.L., sobre despedimento, rexistrado co número 342/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Hogar Donnatela, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza o día 8.10.2020, ás 10.00 horas, na planta baixa, sala 3, do edificio da rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes á súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida estar esta representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Hogar Donnatela, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza