Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37021

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2020, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de abril de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 80, do 26 de abril, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio.

Consonte o previsto nas bases I.1 e II.1.3 da orde de convocatoria do proceso selectivo, convócanse os seguintes aspirantes para a realización do terceiro exercicio os días 26, 27 e 28 de outubro de 2020, ás 16.30 horas, na sala E do edificio administrativo de San Caetano:

26 de outubro

Mosquera Ferreiro, Alfonso

***7972**

Pigni Giraudo, Agustín

***8160**

27 de outubro

Rodicio Cimadevilla, Guillermo José

***2916**

Rúa Andrade, María Cruz

***6179**

28 de outubro

Couceiro Cachaldora, Josefa

***8639**

Díaz Cuenca, Isabel

***9195**

As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Diariamente serán convocados no lugar de realización do exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

Isabel Álvarez Caramés
Presidenta do tribunal