Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37030

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 454/2017).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 454/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Vilariño Vilariño contra Valoriza Servicios a la Dependencia, S.L., sobre ordinario, se ditou resolución sinalando data de xuízo:

Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2020.

Visto o aprazamento acordado no presente procedemento para a celebración de xuízo oral, e a data en que viña sinalado o xuízo suspendido, e tendo en conta a súa natureza, o número de partes intervenientes, e a duración previsible da vista, así como das demais vistas fixadas para o mesmo día:

De conformidade co sinalado no Acordo da Comisión Permanente do CGPX do 23 de maio de 2020 polo que se alza a partir do 4 de xuño de 2020 a suspensión de prazos e actuacións procesuais –que viña establecida conforme a disposición adicional segunda do Real decreto 463/2020 de declaración do estado de alarma e as súas prórrogas–, e de conformidade co sinalado no Protocolo do 11 de maio de 2020 da Comisión Permanente do CGPX para a elaboración dos plans de reanudación da actividade xudicial, e o Protocolo do TSX de Galicia aprobado polo Pleno da Sala de Goberno en sesión do 29 de maio de 2020 para a coordinación das axendas de sinalizacións nos órganos xudiciais do ámbito do TSX de Galicia, e tendo en conta as limitacións de aforamento da sede xudicial deste xulgado e da sala de vistas deste xulgado fixadas pola Administración prestacional, así como as necesidades de separación temporal entre as sinalizacións –para os labores de hixienización, ventilación e limpeza das salas, e evitar a superación dos aforamentos fixados–, e limitacións horarias do uso das salas de vistas, resulta necesario reprogramar e efectuar nova sinalización de xuízo oral nas presentes actuacións.

Polos motivos expostos, sinálase para a celebración de conciliación o presente procedemento o día 27.10.2020, ás 13.40 horas, e ás 13.45, o acto de xuízo oral.

Notifíquese ás partes a presente resolución e efectúese a citación de partes, testemuñas e peritos que estivese acordada en autos para a nova data e hora indicadas.

Así mesmo, requírese as partes co fin de que, polo menos con dous días de antelación ao xuízo oral, comuniquen a este xulgado, por correo electrónico (para evitar anticipar as probas e salvagardar o dereito de defensa), as testemuñas e/ou peritos que van concorrer á vista, identificados polo seu nome e apelidos e o seu DNI, co fin de poder realizar as correspondentes actuacións e coordinación co Servizo de Seguridade da sede xudicial para control de acceso a esta e dos aforamentos permitidos.

Así mesmo, se for parte no procedemento unha Administración ou entidade pública infórmaselle de que ten a obriga de efectuar remisión do expediente administrativo por LexNet en formato PDF-A, con posibilidade de lector óptico ORC, previamente indexado con hipervínculo, ou de modo telemático ao correo electrónico do xulgado.

E, igualmente, fágase saber ás partes que, co fin de garantir a axilidade das vistas, poden presentar a documental e informes periciais por vía LexNet previamente ao acto do xuízo oral.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto da resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Valoriza Servicios a la Dependencia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza