Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 24 de setembro de 2020 Páx. 37243

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións.

Expediente: 2018/X999/000253.

O Concello aprobou inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun novo centro de saúde en Abegondo que afecta a parcela con referencia catastral 7965907NH5876S0001OM.

Localización: solo rústico en San Marcos, por Resolución da Alcaldía do 7.9.2020.

De conformidade co artigo 75.1.a) de Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública polo prazo de dous meses, que contan desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello, sede.abegondo.gal.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Abegondo, 15 de setembro de 2020

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde