Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 24 de setembro de 2020 Páx. 37247

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa (expediente 885/2017).

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o punto 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia para que sirva de notificación á persoa interesada, e para este fin comunícaselle que tanto a notificación como o expediente se encontran á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e os custos repercuten ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Acto que se vai notificar: procedemento de execución subsidiaria (expediente 885/2017).

Interesada: Elena Pazos González.

Custo da execución subsidiaria: 2.238,50 euros (IVE incluído).

Ref. catastral: 36043A050060050001KE (pol. 50-parc. 6005)-Rexistro Fca. 9642.

Prazo: un (1) mes.

Ponte Caldelas, 8 de setembro de 2020

Andrés Díaz Sobral
Alcalde