Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37325

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2020 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro de 2020, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo auxiliar da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2

Tribunal titular:

Presidencia:

– Jorge Atán Castro, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– Xosé Manuel Cerviño Meira, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– Eva Pérez Ansede, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Carmen López Olmedo, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

– Laura Elvira Blanco Suárez, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Eduardo Suárez Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Secretaría:

– María Jesús Gutiérrez Tosar, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– Marta García Troitiño, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

– Jesús Pereiro Mallo, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– Raúl Guillamón López, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.