Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37323

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2020 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo administrativo de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo administrativo de Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo C1

• Tribunal titular:

Presidencia:

– Vanessa Cal Ríos, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– Marcos Vázquez Fernández, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– Diego Sande Veiga, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– María Elena Prado Veiga, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

– Julia Taboada Martínez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– Elías Neira Rial, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

– Secretaría:

– Javier Suárez Salvado, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– Yolanda María Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– María Elena Nimo Mayo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Marcos Fernández Arias, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica auxiliar de informática, subgrupo C1.