Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37321

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2020 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Unha vez convocado o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo A2

• Tribunal titular:

Presidencia:

– Víctor Manuel Tubío Villar, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– María del Carmen Balboa Salgado, persoal estatutario da categoría profesional técnico da función administrativa, rama xurídica, do Servizo Galego de Saúde.

Vogais:

– María Lorena Antelo Romero, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Modesto José Rouco Vilar, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– María del Carmen Gamundi Fernández, arquitecta técnica municipal do Concello de Ames.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– Elías Neira Rial, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Secretaría:

– Luisa Fernanda Piñeiro Sanz, persoal funcionario de grado medio da Administración xeral do Estado, subgrupo A2.

Vogais:

– Antonio Hermo Nimo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros especialidade en enxeñaría industrial.

– Víctor Manuel Martínez Lago, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas, subgrupo A2.

– Lourdes Ledo Moure, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.