Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37319

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2020 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro de 2020, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral de la Función Pública

ANEXO

Corpo superior da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1

Tribunal titular:

Presidencia:

– Laura María González-Dopeso Portela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– María Teresa Moya Fernández, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Vogais:

– Xosé Ignacio Palomanes Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Begoña García Maneiro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Antonio Hermo Nimo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros especialidade en enxeñaría industrial.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– María del Rosario Ureña Lara, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Secretaría:

– Yolanda María Blanco Varela, persoal funcionario del corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– José Luis Montero Senra, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de inspección urbanística da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Óscar Navas Aranda, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– José Luis López Cousillas, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de arquitectos, subgrupo A1.