Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37270

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego e Igualdade

DECRETO 164/2020, do 24 de setembro, polo que se nomea directora xeral de Formación e Colocación a Zeltia Lado Lago.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Emprego e Igualdade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e catro de setembro de dous mil vinte,

Nomeo directora xeral de Formación e Colocación a Zeltia Lado Lago.

Santiago de Compostela, vinte e catro de setembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade