Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de setembro de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia do trámite de audiencia e vista efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da vía de alta capacidade alternativa C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela AC/99/073.01, Teo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultar infrutuoso o intento de notificación por ser incorrecto o enderezo que figura no expediente e descoñecerse outro domicilio dos/as interesados/as, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia do trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra da vía de alta capacidade alternativa C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela, de clave AC/99/073.01, no concello de Teo.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para compareceren nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña sita na rúa Vicente Ferrer, 2 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do contido do trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento. A dita comparecencia deberá realizarse mediante petición de cita previa.

Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días para presentar as alegacións, documentos ou informacións que consideren pertinentes.

A Coruña, 7 de setembro de 2020

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

Clave de obra

Predios expropiados

Interesados

Acto que se notifica

AC/99/073.01

1301

1304A

1313

1315

1316

2060

2060CO

2068

2068CO

2074

Herdeiros de María Manteiga Iglesias.

Avelino Mallou Manteiga

Trámites de audiencia do 3.8.2020