Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 17 de setembro de 2020 polo que se notifica emprazamento para o trámite de audiencia no expediente LUL/5/2019-R1.

Nesta Axencia de Protección da Legalidade Urbanística tramítase o expediente relativo ao recurso potestativo de reposición interposto por Manuel Casariego Rodríguez contra a Resolución do 30 de outubro de 2019 ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

De acordo co establecido no artigo 118 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, achégase copia do citado recurso para que Fernando Casariego Pino no prazo de dez (10) días hábiles alegue canto coide procedente

Ao non poder realizarse a notificación persoal deste trámite de audiencia a Fernando Casariego Pino, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado o devandito trámite de audiencia por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística