Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 16 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos PO 122/2020 e PO 189/2020 contra a Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense relativo ao PO 122/2020 e outro oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela relativo ao PO 189/2020, en que se solicitan os emprazamentos de cantos aparezan como interesados nos devanditos recursos contencioso-administrativos, contra a Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos aos referidos xulgados. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos nos referidos xulgados no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública