Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2020 pola que se sinalan datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicación de Monte Barbeito na parroquia de Barrañán, no concello de Arteixo, incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A.

Segundo a Orde do 24 de outubro de 2019 acórdase a aprobación definitiva e sométese a información pública o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicación de Monte Barbeito na parroquia de Barrañán, no concello de Arteixo, incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A.

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados. O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida, producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que se continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

Segundo establece o artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, o pagamento do prezo xusto, soamente se fará efectivo, consignándose no caso contrario, a aqueles interesados que acheguen:

– No suposto de predios inscritos no Rexistro da Propiedade, certificación rexistral ao seu favor, en que conste que se estendeu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario. En caso de que existan cargas, deberán comparecer tamén os titulares delas.

– Para os predios que non estean inscritos no Rexistro da Propiedade, os títulos xustificativos do seu dereito, completados con certificacións negativas do Rexistro da Propiedade referidas aos mesmos predios descritos nos títulos. De existiren outros dereitos sobre o predio expropiado, deberán comparecer tamén os seus titulares.

Conforme o artigo 206 do citado Regulamento de xestión urbanística, se o expropiado non quixer aceptar o prezo xusto, non achega títulos suficientes xustificativos do dominio, existe contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorre algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa, a Administración consignará o seu importe na Caixa Xeral de Depósitos.

De conformidade co establecido no artigo 55.1 do Regulamento de expropiación forzosa, redactarase acta de ocupación da cousa ou dereito expropiado a continuación da de pagamento ou consignación. Para proceder ao levantamento destas actas, deberán asistir os titulares persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, con poder suficiente do que achegarán copia, provistos, ademais, dos seus documentos orixinais acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, o último recibo sobre o imposto de bens inmobles, e poderán asistir acompañado pola súa conta, se o coida oportuno, dos seus peritos ou notario.

En consecuencia, convócanse e cítanse os titulares de bens e dereitos afectados polo presente expediente para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación o día 21 de outubro de 2020, e terá lugar no salón de plenos do Concello de Arteixo (A Coruña) nas horas e orde especificadas no anexo.

Notifíquese a presente resolución a todos os titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente expropiatorio, con indicación a cada un deles da data, hora e lugar en que se procederá ao levantamento das actas de pagamento e ocupación. Publíquese a resolución no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo e nun diario dos de maior circulación da provincia. A publicación desta resolución servirá de notificación aos propietarios descoñecidos ou dos cales se ignore o seu domicilio, ou ben tentada a notificación, esta non se puidera realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 41.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2020

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Nº de

predio

Nº catastro

Titular

DNI/NIF

Día

Hora

Lugar

Pol.

Parc.

1

11

18

Germán Castiñeiras Martínez e Carmen Mato Mato

***7221** e ***9176**

21.10.2020

10.15 h

Salón de plenos
Concello de Arteixo

2

11

289

Antonio Pichel Lorenzo e Dolores Figueroa Cal

***0509** e ***3577**

21.10.2020

10.30 h

Salón de plenos Concello de Arteixo

3

11

289

Antonio Pichel Lorenzo e Dolores Figueroa Cal

***0509** e ***3577**

21.10.2020

10.45 h

Salón de plenos Concello de Arteixo

4

11

346

Manuel Suárez Rey

***3471**

21.10.2020

11.00 h

Salón de plenos Concello de Arteixo

5

11

347

Hros. de María Rey Requeiro

**9452**

21.10.2020

11.15 h

Salón de plenos Concello de Arteixo