Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37649

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Unha vez presentada a renuncia da vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por María Eugenia de Pascual Grasa como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do devandito tribunal a Susana Touza Figueiras, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública