Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37650

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Unha vez presentada a renuncia da vogal titular, do secretario suplente e do vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por Mercedes Patricia Toubes Navarro como vogal titular, Fernando González Abeijón como secretario suplente e Alejando Bregua Cousillas como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Segundo. Nomear no seu lugar, como vogal titular do devandito tribunal, a Alejandro Bregua Cousillas, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspectoras e inspectores de consumo; como secretario suplente, a Pablo Leis Mol, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, e, como vogal suplente, a Iria María Alfonsín Coejo, persoal funcionario do corpo facultativo superior , subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública