Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37660

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (102/2019).

Modificación de medidas suposto contencioso 102/2019

Sobre modificación de medidas

Demandante: Diego Borja Silva

Procuradora: Maria Luisa Rendo Couto

Avogada: María Mercedes Bugallo Varela

Demandado: María Elena Silva Silva

Benita María Gándara Valije, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Diego Borja Silva fronte a María Elena Silva Silva ditouse sentenza, cuxa resolución é o seguinte:

«Sentenza 2/2020

Vilagarcía de Arousa, 30 de decembro de 2019

Resolución

Admítese parcialmente a demanda interposta pola representación procesual de Diego Borja Silva fronte a María Elena Silva Silva e modifícase a sentenza ditada por este xulgado o 3 de abril de 2009 no procedemento de divorcio de mutuo acordo 164/09 nos seguintes puntos:

– Atribúese a Diego Borja Silva o exercicio exclusivo da patria potestade e a garda e custodia das súas dúas fillas menores.

– Fíxase unha pensión alimenticia a cargo de María Elena Silva Silva e a favor das menores de 100 euros mensuais para cada unha a satisfacer durante os cinco primeiros días de cada mes na conta que a nai designe para tal efecto e actualizable anualmente segundo as variacións do IPC ou índice que o substitúa.

Non se efectúa especial pronunciamento en materia de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que se preparará ante este mesmo xulgado no prazo de vinte días contados do seguinte á súa notificación.

Así por esta sentenza, da que se unirá testemuño aos autos da súa razón, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Maria Elena Silva Silva, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vilagarcía de Arousa, 2 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza