Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37713

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, supoñen un novo escenario normativo para a consolidación da administración dixital nas administracións públicas e, por tanto, tamén na Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia. Con ela dáse continuidade ao recoñecemento legal do dereito dos cidadáns a relacionarse coa Administración por medios electrónicos, que xa realizaba a actualmente derrogada Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

O artigo 12 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece que as administracións públicas deberán garantir que os interesados poden relacionarse coa Administración a través de medios electrónicos, para o que porán á súa disposición as canles de acceso que sexan necesarias, así como os sistemas e as aplicacións que, en cada caso, se determinen.

Así, a tramitación electrónica con carácter xeral é optativa para as persoas físicas, que poderán elixir, en todo momento, se se comunican coas administracións públicas para o exercicio dos seus dereitos e obrigas a través de medios electrónicos ou non. Pola contra, están obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, e os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da dita actividade profesional, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas nos trámites realizados pola súa condición de empregado público.

De acordo co establecido no artigo 66 da referida Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando a Administración nun procedemento en concreto estableza expresamente modelos específicos de presentación de solicitudes, estes serán de uso obrigatorio para as persoas interesadas.

Os cidadáns teñen que ser os primeiros e principais beneficiarios do acceso electrónico e a Administración queda obrigada a transformarse nunha administración electrónica rexida polo principio de eficacia que proclama o artigo 103 da Constitución.

Por outro lado, o Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 27.30 atribúelle á comunidade autónoma competencia exclusiva sobre normas adicionais sobre protección do ambiente e da paisaxe nos termos do artigo 149.1.23.

De conformidade co Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, correspóndenlle a esta as competencias e as funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, conservación do patrimonio natural, paisaxe e vivenda, conforme o establecido no Estatuto de autonomía para Galicia e segundo os termos sinalados na Constitución española e no propio Estatuto.

En definitiva, a regulación dos procedementos administrativos obxecto desta norma realízase en diversa normativa sectorial; a presente orde limítase a habilitar a presentación electrónica das correspondentes solicitudes, mediante a súa incorporación á sede electrónica da Xunta de Galicia, co obxecto de que os usuarios poidan relacionarse coa Administración con medios electrónicos.

Así pois, en cumprimento da normativa citada, un total de trinta e sete procedementos estarán dispoñibles telematicamente, o que contribuirá a seguir afondando no impulso dunhas relacións máis áxiles, simples e fluídas entre a Xunta de Galicia e a cidadanía.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Sección 1ª. Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

1. A presente orde ten por obxecto non só aprobar ou regular, senón tamén dar publicidade aos modelos normalizados de solicitudes, para a presentación por medios electrónicos, dos seguintes procedementos de prazo aberto, habilitando a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Os ditos procedementos habilitaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal e figurarán na guía de procedementos e servizos regulada pola Orde do 12 de xaneiro de 2012.

• Autorización de ampliación do prazo de almacenamento de residuos (MT201A).

• Baixa no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia-RXPXRG- (MT201B).

• Inicio de actividade de planta móbil (MT201C).

• Actividade de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas nas que se xeraron (MT201D).

• Solicitude de modificación da inscrición de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas nas que se xeraron (MT201E).

• Plataforma loxística de RAEE (MT201F).

• Modificación da comunicación da plataforma loxística de RAEE (MT201G).

• Produción de subproduto. Comunidade Autónoma de Galicia (MT201H).

• Memoria anual e documentación complementaria (MT201I).

• Informe anual de actividade do Scrap e documentación complementaria (MT201J).

• Declaración de envases (MT201K).

• Estudo de minimización (MT201L).

• Plan de prevención e/ou seguimento do plan (MT201M).

• Comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (MT201N).

• Presentación dos informes anuais en materia de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (MT201O).

• Autorización de instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupos A ou B (MT201P).

• Instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupo C (MT201Q).

• Inicio de avaliación ambiental estratéxica ordinaria (MT201R).

• Declaración ambiental estratéxica (MT201S).

• Memoria ambiental (MT201T).

• Inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada (MT201U).

• Informe ambiental no procedemento de aprobación de medidas provisionais de ordenación urbanística (MT201V).

• Autorización ambiental integrada (MT201X).

• Autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental (MT201Y).

• Modificación substancial da autorización ambiental integrada (MT201Z).

• Modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental (MT202A).

• Seguimento da autorización ambiental integrada (MT202B).

• Revisión da autorización ambiental integrada (MT202C).

• Modificación non substancial da autorización ambiental integrada (MT202D).

• Cesaamento temporal/cesamento definitivo da instalación con autorización ambiental integrada (MT202E).

• Transmisión/cambio de razón social da autorización ambiental integrada (MT202F).

• Acceso á plataforma de información en materia de solos potencialmente contaminados (MT202G).

• Información en materia de solos potencialmente contaminados (MT202H).

• Inspección ambiental (MT202I).

• Garantía financeira (MT202J).

• Trámite de consultas previas na avaliación ambiental estratéxica (MT202K).

3. A regulación dos ditos procedementos está prevista na normativa europea, estatal básica e autonómica a que se fai referencia nos artigos 9 a 44 desta orde, quedando circunscritos ao ámbito competencial desta consellería o desenvolvemento da súa tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia e a súa habilitación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 2. Presentación de solicitudes

1. Nos procedementos regulados nesta orde que se detallan a seguir, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

• Autorización de ampliación do prazo de almacenamento de residuos (MT201A).

• Baixa no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia-RXPXRG- (MT201B).

• Inicio de actividade de planta móbil (MT201C).

• Actividade de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron (MT201D).

• Solicitude de modificación da inscrición de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron (MT201E).

• Plataforma loxística de RAEE (MT201F).

• Modificación da comunicación da plataforma loxística de RAEE (MT201G).

• Produción de subproduto. Comunidade Autónoma de Galicia (MT201H).

• Memoria anual e documentación complementaria (MT201I).

• Informe anual de actividade do Scrap e documentación complementaria (MT201J).

• Declaración de envases (MT201K).

• Estudo de minimización (MT201L).

• Plan de prevención e/ou seguimento do plan (MT201M).

• Comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (MT201N).

• Presentación dos informes anuais en materia de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (MT201O).

• Autorización de instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupos A ou B (MT201P).

• Instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupo C (MT201Q).

• Inicio de avaliación ambiental estratéxica ordinaria (MT201R).

• Declaración ambiental estratéxica (MT201S).

• Memoria ambiental (MT201T).

• Inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada (MT201U).

• Informe ambiental no procedemento de aprobación de medidas provisionais de ordenación urbanística (MT201V).

• Autorización ambiental integrada (MT201X).

• Autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental (MT201Y).

• Modificación substancial da autorización ambiental integrada (MT201Z).

• Modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental (MT202A).

• Seguimento da autorización ambiental integrada (MT202B).

• Revisión da autorización ambiental integrada (MT202C).

• Modificación non substancial da autorización ambiental integrada (MT202D).

• Cesamento temporal/cesamento definitivo da instalación con autorización ambiental Integrada (MT202E).

• Transmisión/cambio de razón social da autorización ambiental integrada (MT202F).

• Acceso á plataforma de información en materia de solos potencialmente contaminados (MT202G).

• Información en materia de solos potencialmente contaminados (MT202H).

2. No resto dos procedementos regulados na presente orde as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, en particular:

• Inspección ambiental (MT202I).

• Garantía financeira (MT202J).

• Trámite de consultas previas na avaliación ambiental estratéxica (MT202K).

3. De conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria e os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

4. Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 3. Documentación

1. As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación que se precisa en cada un dos formularios que se xuntan como anexos a esta orde, en particular para a:

I) Autorización de ampliación de prazo de almacenamento de residuos. (MT201A) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica nos anexos I e I bis da presente orde; isto é:

• Descrición das condicións de almacenamento de residuos.

• Descrición gráfica das condicións de almacenamento (planos, fotografías...).

• Xustificante de liquidación da taxa administrativa (32.52.20).

• Acreditación da representación legal da entidade, no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

II) Baixa no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia (RXPXRG). (MT201B) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo II da presente orde; isto é:

• Memoria anual co resumo do contido da información contida no arquivo cronolóxico pola actividade realizada durante o ano natural ata o cesamento da actividade.

• Xustificante de liquidación da taxa administrativa (32.52.15).

• Acreditación da representación legal da entidade, no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

III) Comunicación inicio de actividade de planta móbil. (MT201C) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo III da presente orde; isto é:

• Memoria de medidas protectoras e correctoras do lugar da instalación.

• Certificados de destino dos residuos e/ou información de destino dos produtos.

• Acreditación da representación legal da entidade, no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

IV) Comunicación da actividade de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron (MT201D). A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica nos anexos IV, IV bis e IV ter:

• Datos relativos á actividade de xestión e á localización de destino dos materiais naturais escavados, só no caso de que a empresa teña previstos máis de tres almacenamentos temporais, conforme o modelo do anexo IV bis.

• Declaración responsable do produtor ou posuidor inicial dos residuos, conforme o modelo do anexo IV ter.

• Copia da autorización, permiso ou licenza de obra na cal levará a cabo a valorización dos materiais naturais escavados ou, se for o caso, copia do documento mediante o cal se acredite a adxudicación da obra.

• Xustificante de liquidación da taxa administrativa (32.52.23).

• Acreditación da representación legal da entidade, no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

V) Solicitude de modificación da inscrición de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron (MT201E). A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo V e V bis; isto é:

• Declaración responsable do produtor ou posuidor dos residuos, conforme o modelo do anexo V bis.

• Copia da autorización, permiso ou licenza de obra na cal se levará a cabo a valorización dos materias naturais escavados ou, se for o caso, copia do documento mediante o cal se acredite a adxudicación da obra.

• Xustificante de liquidación da taxa administrativa (32.52.06).

• Acreditación da representación legal da entidade, no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

VI) Plataforma loxística de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). (MT201F) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica nos anexos VI, VI bis e VI ter; isto é:

• Descrición dos RAEE que se van almacenar segundo as fraccións de recolla ou grupos de tratamento e códigos LER-RAEE, conforme o modelo do anexo VI bis.

• Datos de identificación das empresas distribuidoras a que presta servizo de almacenamento de RAEE, conforme o modelo do anexo VI ter.

• Descrición das condicións de almacenamento dos RAEE segundo o anexo VIII do Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.

• Xustificante de liquidación da taxa administrativa (32.52.24).

• Acreditación da representación legal da entidade, no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

VII) Modificación da comunicación da plataforma loxística de RAEE. (MT201G) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica nos anexos VII, VII bis e VII ter; isto é:

• Descrición dos RAEE que se van almacenar segundo fraccións de recolla ou grupos de tratamento e códigos LER-RAEE, conforme o modelo do anexo VII bis.

• Datos de identificación das empresas distribuidores a que presta servizo de almacenamento de RAEE, conforme o modelo do anexo VII ter.

• Xustificante de liquidación da taxa administrativa (32.52.06).

• Acreditación da representación legal da entidade, no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

VIII) Produción de subproduto. Comunidade Autónoma de Galicia. (MT201H) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica nos anexos VIII, VIII bis e VIII ter; isto é:

• Información sobre o cumprimento de requisitos da orde ministerial correspondente, conforme o modelo do anexo VIII ter.

• Contratos, precontratos ou acordos de uso entre a empresa produtora e a/s empresa/s receptora/s do subproduto nos cales figure a cantidade anual que se estima que acepte o receptor.

• Analítica relacionada co uso final do material no proceso receptor.

• Fotografías do subproduto.

• Outra documentación que poida exixirse na orde ministerial.

• Anexo VIII bis, só no caso de que a empresa teña previstas máis de catro empresas receptoras do subproduto.

• Xustificante de liquidación da taxa administrativa (32.52.22).

• Acreditación da representación legal da entidade no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

IX) Memoria anual e documentación complementaria. (MT201I) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo IX; isto é:

• Memoria anual de xestión de residuos.

• Memoria anual de centro de desmantelamento de vehículos.

• Memoria anual de xestor de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).

• Memoria anual de negociante de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).

• Acreditación da representación legal da entidade no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

X) Informe anual de actividade do sistema colectivo de responsabilidade ampliada do produtor (SCRAP) e documentación complementaria. (MT201J) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo X; isto é:

• Informe anual da actividade do SCRAP de residuos de envases.

• Informe anual da actividade do SCRAP de residuos de pilas e acumuladores.

• Informe anual da actividade do SCRAP de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).

• Informe anual da actividade do SCRAP de pneumáticos ao final da súa vida útil.

• Informe anual da actividade do SCRAP de aceites industriais usados.

• Acreditación da representación legal da entidade no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

XI) Declaración de envases. (MT201K) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XI; isto é:

• Declaración de envases.

• Acreditación da representación legal da entidade no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

XII) Estudo de minimización. (MT201L) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XII; isto é:

• Estudo de minimización.

• Acreditación da representación legal da entidade no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

XIII) Plan de prevención e/ou seguimento do plan. (MT201M) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XIII; isto é:

• Plan de prevención de envases.

• Plan de prevención de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).

• Plan de prevención de pneumáticos.

• Plan de prevención de aceites industriais.

• Seguimento do plan.

• Acreditación da representación legal da entidade no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

XIV) Comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro. (MT201N) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XIV; isto é:

• Na exclusión para o período 2021-2030:

◦ Formulario para solicitar a exclusión, conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

◦ Documento xustificativo de medidas de mitigación equivalentes para redución de emisións;

◦ Documentación xustificativa de que se implantará un sistema de seguimento e notificación da información sobre emisións.

• Na asignación gratuíta de dereitos de emisión:

◦ Período 2013-2020:

▪ Formulario para a recolla de datos, conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

▪ Informe metodolóxico, conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

▪ Informe de verificación da solicitude de asignación.

◦ Período 2021-2030:

▪ Formulario de solicitude de asignación de dereitos de emisión.

▪ Informe sobre os datos de referencia.

▪ Plan metodolóxico de seguimento.

▪ Informe de verificación.

▪ Acreditación da titularidade da instalación no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

Todos eles conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

• Na notificación de cambios en relación coa asignación gratuíta de dereitos de emisión:

◦ Cambios que non afectan a asignación:

▪ Formulario simplificado, conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

◦ Cambios que afectan a asignación:

▪ Formulario para a recolla de datos, conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

▪ Modelo de informe metodolóxico, conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

▪ Informe de verificación da notificación de cambios, cando corresponda, de acordo co Real decreto 1722/2012, do 28 de decembro, polo que se desenvolven aspectos relativos á asignación de dereitos de emisión no marco da Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

XV) Presentación dos informes anuais en materia de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro. (MT201O) A documentación necesaria para a tramitación do dito procedemento é a que se especifica no anexo XV; isto é:

• Para a presentación do informe verificado sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro, deberá presentarse:

◦ Informe anual de emisións de gases de efecto invernadoiro, conforme o formato aprobado pola Comisión Europea, dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

◦ Informe da entidade de verificación de gases de efecto invernadoiro, conforme o formato aprobado pola Comisión Europea, dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

• Para a presentación do informe de mellora da metodoloxía de seguimento e notificación das emisións, deberá presentarse o informe de mellora conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

XVI) Autorización de instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupos A ou B. (MT201P) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XVI; isto é:

• Documento de autorización de focos emisores (DAFE).

• Xustificante de liquidación da taxa administrativa (33.06.00-Venda de libro rexistro de contaminantes).

XVII) Instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupo C. (MT201Q) A documentación necesaria para a tramitación destes procedementos é a que se especifica no anexo XVII; isto é:

• Xustificante de liquidación da taxa administrativa (33.06.00-Venda de libro rexistro de contaminantes).

XVIII) Inicio de avaliación ambiental estratéxica ordinaria. (MT201R) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XVIII; isto é:

• Documento inicial estratéxico co contido establecido no artigo 18.1 da Lei 21/2013 de avaliación ambiental.

• Borrador do plan.

• Cartografía dixital en formato vectorial, compatible con SIX, segundo as instrucións técnicas recollidas en http://cmaot.xunta.gal/tema/c/CMAOT_Avaliacion_ambiental.

XIX) Declaración ambiental estratéxica. (MT201S) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XIX; isto é:

• Expediente de avaliación ambiental completo, co contido mínimo sinalado no artigo 24.1 da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, incluíndo:

◦ Proposta final do plan.

◦ Estudo ambiental estratéxico.

◦ Resultado da información pública e das consultas, incluíndo se for o caso, as consultas transfronteirizas, así como a súa consideración e a copia dos informes e alegacións recibidas con contido ambiental.

◦ Un documento resumo en que o promotor describa a integración na proposta final do plan dos aspectos ambientais, do estudo ambiental estratéxico e da súa adecuación ao documento de alcance, así como do resultado das consultas realizadas e como estas se tomaron en consideración.

• Cartografía dixital en formato vectorial, compatible con SIX, segundo as instrucións técnicas recollidas en http://cmaot.xunta.gal/tema/c/CMAOT_Avaliacion_ambiental.

XX) Memoria ambiental. (MT201T) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XX; isto é:

• Expediente de avaliación ambiental completo, co contido mínimo sinalado no artigo 12 da Lei 9/2006, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente:

◦ Proposta final do plan.

◦ Proposta de memoria ambiental.

◦ Informe de sustentabilidade ambiental.

◦ Informe de participación e consultas coa descrición do proceso seguido, relación das administracións públicas consultadas, o resumo das alegacións e informes recibidos, coa xustificación de como foron tomados en consideración. Copia dos informes e alegacións recibidas con contido ambiental.

• Cartografía dixital en formato vectorial, compatible con SIX, segundo as instrucións técnicas recollidas en http://cmaot.xunta.gal/tema/c/CMAOT_Avaliacion_ambiental.

XXI) Inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada. (MT201U) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXI; isto é:

• Documento ambiental estratéxico, co contido mínimo que sinala o artigo 29.1 da Lei 21/2013, de avaliación ambiental.

• Borrador do plan.

• Cartografía dixital en formato vectorial, compatible con SIX, segundo as segundo as instrucións técnicas recollidas en http://cmaot.xunta.gal/tema/c/CMAOT_Avaliacion_ambiental.

XXII) Informe ambiental no procedemento de aprobación de medidas provisionais de ordenación urbanística. (MT201V) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXIII; isto é:

• Estudo previo da situación derivada da anulación do instrumento de ordenación co contido mínimo sinalado no artigo 89 da Lei 2/2017, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación.

• Cartografía dixital en formato vectorial, compatible con SIX, segundo as instrucións técnicas recollidas en http://cmaot.xunta.gal/tema/c/CMAOT_Avaliacion_ambiental.

XXIII) Autorización ambiental integrada. (MT201X) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXIV, isto é:

• Solicitude de concesión da autorización ambiental integrada, co seguinte contido mínimo:

• O contido sinalado no artigo 12 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación:

◦ Proxecto básico, que inclúa polo menos os aspectos detallados no artigo 12.1.a) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

◦ Informe urbanístico do concello en cuxo territorio se localice a instalación, acreditativo da compatibilidade do proxecto co planeamento urbanístico, de acordo co establecido no artigo 15 do Real decreto lexislativo, do 16 de decembro, e co artigo 7 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19.10.2013).

◦ Documentación exixida pola lexislación de augas e de costas para a autorización de verteduras ás augas continentais ou desde terra ao mar.

◦ A determinación dos datos que, a xuízo do solicitante, gocen de confidencialidade de acordo coas disposicións vixentes.

◦ Calquera outra información e documentación acreditativa do cumprimento dos requirimentos establecidos na lexislación aplicable incluída, se for o caso, a referida a fianzas ou seguros obrigatorios que sexan exixibles, entre outras, pola Lei 26/2007, do 23 de outubro.

◦ Cando sexa de aplicación, un informe base coa información necesaria para determinar o estado do solo e as augas subterráneas, co contido mínimo establecido no artigo 12.1.f).

◦ Resumo non técnico.

• O contido sinalado no artigo 8 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación:

◦ A identidade do titular da instalación, tal e como se define no artigo 3.27 do texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación.

◦ A identificación de cada un dos focos de emisión de contaminantes atmosféricos, de acordo co catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera recollido no anexo IV da Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera (BOE núm. 275, do 16 de novembro).

◦ A documentación técnica necesaria para poder determinar as medidas relativas ás condicións de explotación en situacións distintas ás normais que poidan afectar o ambiente, previstas no artigo 22.1.f) do texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación.

◦ A comunicación previa ao inicio das actividades de produción e xestión de residuos feita ao órgano competente da comunidade autónoma nos termos establecidos no artigo 29 e no anexo 8 da Lei 22/2011, do 28 de xullo (BOE núm. 181, do 29 de xullo), cando resulte preceptivo.

◦ Cando se trate de instalacións que realicen operacións de tratamento de residuos mencionadas no anexo 1 deste regulamento, a documentación exixida na lexislación de residuos, en particular a contida no número 1 do anexo VI da Lei 22/2011, do 28 de xullo, e cando o titular da instalación de tratamento sexa o xestor da dita instalación, tamén incluirá o número 2 do anexo VI da Lei 22/2011, do 28 de xullo.

• Taxa administrativa (código 32.57.01).

• Escrituras de constitución ou modificación da sociedade inscrita no rexistro mercantil, sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

• Acreditación da representación con copia da escritura notarial da representación debidamente inscrita no rexistro mercantil, sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

XXIV) Autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental. (MT201Y) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXV; isto é, a sinalada no punto precedente para a solicitude de autorización ambiental integrada, xunto co estudo de impacto ambiental ou, se for o caso, o documento ambiental e demais documentación exixida pola lexislación que resulte de aplicación (co contido establecido nos artigos 35 ou 45 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, segundo corresponda).

XXV) Modificación substancial da autorización ambiental integrada. (MT201Z) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXVI; isto é:

• Solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada, co seguinte contido mínimo (artigo 10 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, e artigos 14 e 15 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación):

◦ Os documentos que xustifiquen o carácter substancial da modificación que se vai realizar. Para a xustificación da modificación substancial terase en conta:

▪ A maior incidencia desta sobre a seguridade, a saúde das persoas e o ambiente nos aspectos especificados no artigo 10.4 do citado Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

▪ Os criterios recollidos no artigo 14 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro.

◦ Un proxecto básico que inclúa, segundo corresponda:

▪ A parte ou partes da instalación afectada pola modificación.

▪ O estado ambiental do lugar en que se localiza a instalación e os posibles impactos que se prevexan coa modificación substancial que se pretende, abranguendo aqueles que poidan orixinarse ao cesar a explotación desta.

▪ Medidas previstas para controlar as emisións ao ambiente.

◦ A documentación exixida pola normativa de augas, de acordo co disposto no artigo 9 do Regulamento de emisións industriais e no artigo 12.1.c) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

◦ Aquela documentación que conteña os datos que permitan comparar o funcionamento e as emisións da instalación cos niveis de emisión asociados ás mellores técnicas dispoñibles descritos nas conclusións sobre as MTD.

◦ Calquera outra información e documentación acreditativa do cumprimento de requirimentos establecidos na lexislación aplicable, incluída, se for o caso, a referida a fianzas ou seguros obrigatorios que sexan exixibles.

◦ No caso de que varíen as circunstancias urbanísticas sobre as cales se informou, achegarase un informe urbanístico do concello en cuxo territorio se localice a instalación, acreditativo da compatibilidade da modificación substancial co planeamento urbanístico, de acordo co establecido no artigo 15 do Real decreto lexislativo, do 16 de decembro, e co artigo 7 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro.

◦ Outra documentación referida a feitos, situacións ou demais circunstancias e características técnicas da instalación, do proceso produtivo e da localización, no caso de que non tivese sido achegada con motivo da solicitude da autorización orixinal.

• A determinación dos datos que, a xuízo do solicitante, gocen de confidencialidade de acordo coas disposicións vixentes.

• Documentación acreditativa da presentación do informe de situación de solos por modificación substancial.

• Resumo non técnico.

• Taxa administrativa (código 32.57.01).

• Escrituras de constitución ou modificación da sociedade inscrita no rexistro mercantil, sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

• Acreditación da representación con copia da escritura notarial da representación debidamente inscrita no rexistro mercantil, sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

XXVI) Modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental. (MT202A) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXVII, isto é, a sinalada no punto precedente para a solicitude de autorización ambiental integrada, xunto co estudo de impacto ambiental ou, se for o caso, o documento ambiental e demais documentación exixida pola lexislación que resulte de aplicación (co contido establecido nos artigos 35 ou 45 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, segundo corresponda).

XXVII) Seguimento da autorización ambiental integrada. (MT202B). A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXVIII; isto é, a memoria do plan de vixilancia e seguimento ambiental, con indicación do período a que fai referencia.

XXVIII) Revisión da autorización ambiental integrada. (MT202C) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXIX; isto é, a memoria para a revisión da autorización ambiental integrada (en cumprimento do artigo 26.1 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, e do artigo 16.2 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro).

XXIX) Modificación non substancial da autorización ambiental integrada. (MT202D) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXX, isto é:

• Comunicación de modificación non substancial da autorización ambiental integrada (artigo 10.2, Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro).

• Memoria de modificación da instalación (descrición da modificación, análise das consecuencias nas emisións da instalación, descrición de focos de emisión á atmosfera conforme o formato da autorización (se se modifican), valoración da necesidade de adoptar novas medidas de protección ambiental e, se for o caso, detalle destas, proposta de plan de vixilancia ambiental e planificación temporal de execución e posta en marcha).

• Xustificación de que non se cumpren os criterios para modificación substancial segundo o establecido no artigo 10 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, e no artigo 14 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

• Escrituras de constitución ou modificación da sociedade inscrita no rexistro mercantil, sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

• Acreditación da representación con copia da escritura notarial da representación debidamente inscrita no rexistro mercantil, sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

XXX) Cesamento temporal/cesamento definitivo da instalación con autorización ambiental integrada (MT202E). A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXXI; isto é:

• Comunicación do cesamento temporal/definitivo (artigo 13 do Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei de prevención e control integrados da contaminación).

• Cesamento temporal (non poderá ser superior a 2 anos): Memoria de cesamento temporal (identificación da/das actividade/s que cesa/n, análise das consecuencias do cesamento nas emisións da instalación, valoración da necesidade de adoptar novas medidas de protección ambiental e, se for o caso, detalle destas, proposta de plan de vixilancia ambiental e período previsto de cesamento).

• Cesamento definitivo:

◦ Memoria de peche da actividade, de conformidade co que se establece na autorización ambiental integrada. Indicará se se realizará ou non o desmantelamento das instalacións.

◦ Avaliación do estado do solo e das augas subterráneas, conforme o establecido no artigo 23 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación.

◦ Documentación acreditativa da presentación do informe de situación de solos por cesamento de actividade.

• Xustificante de pagamento de taxa (código 325702).

• Escrituras de constitución ou modificación da sociedade inscrita no rexistro mercantil, sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

• Acreditación da representación con copia da escritura notarial da representación debidamente inscrita no rexistro mercantil, sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

XXXI) Transmisión/cambio de razón social da autorización ambiental integrada. (MT202F). A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXXII; isto é:

• Comunicación de cambio de titularidade ou transmisión da autorización ambiental integrada (artigo 5, Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro).

• Declaración responsable da subrogación de dereitos e responsabilidades incluídas na autorización ambiental integrada.

• Designación da persoa responsable do cumprimento do programa de vixilancia ambiental da autorización ambiental integrada.

• Documentación acreditativa da presentación do informe de situación de solos por transmisión da titularidade.

• Póliza do seguro de responsabilidade ambiental a nome da empresa adquirente (se procede).

• Taxas administrativas (código 325702).

• Documentación acreditativa da transmisión (escrituras de cambio de denominación social, fusión ou absorción da empresa ou de cesión das autorizacións), sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

• Acreditación da representación legal da empresa adquirente con copia da escritura notarial da representación debidamente inscrita no rexistro mercantil (só persoas xurídicas), sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

• Resgardo do depósito da fianza correspondente por parte da empresa adquirente na caixa xeral de depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia (se procede), sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

XXXII) Acceso á plataforma de Información en materia de solos potencialmente contaminados (MT202G). A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é o formulario aprobado nesta orde como anexo XXXIII.

XXXIII) Información en materia de solos potencialmente contaminados. (MT202H) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXXIV, isto é:

1. No caso de que os informes de solos se elaboren a través da plataforma dixital:

• Xustificante de ter elaborado o informe de solos a través da plataforma Solos IV (http://solos.medioambiente.xunta.es).

• Xustificante do pagamento da taxa administrativa.

2. No caso de que os informes non se elaboren a través da plataforma dixital:

• Cuestionario debidamente cuberto do informe de solos correspondente.

• Xustificante do pagamento da taxa administrativa (código 32.81.00).

• Planos: plano de situación, da instalación, de drenaxe etc.

• En caso de ter depósitos de combustibles, certificado de estanquidade de depósitos, canalizacións e, se for o caso, certificado de instalación de sondas electrónicas.

• Copia do documento xustificativo da consulta do catastro.

• Copia da solicitude ou autorización de vertedura de augas residuais ou de proceso.

• Documentación xustificativa de cambio de titularidade no caso de transmisión desta.

XXXIV) Inspección ambiental. (MT202I) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXXVI; isto é:

• A documentación requirida na inspección ambiental con indicación do número da correspondente acta de inspección.

• As alegacións ao informe de inspección ambiental con indicación da clave da correspondente autorización ambiental integradas.

• Outra documentación que interese achegar á persoa solicitante.

XXXV) Garantía financeira (MT202J). A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXXVI; isto é, a declaración responsable de constitución da garantía financeira conforme o anexo IV do Real decreto 2090/2008, do 22 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento parcial da Lei 26/2007 e outra documentación que interese achegar á persoa solicitante.

XXXVI) Trámite de consultas previas na avaliación ambiental estratéxica (MT202K). A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXII; isto é, a observación ou comentario emitido no trámite de consultas da avaliación ambiental estratéxica, así como a documentación adicional.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica da documentación complementaria será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Nos procedementos regulados nesta orde con presentación electrónica e presencial, a documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

6. No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para isto, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Artigo 4. Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos previstos na presente orde, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Resolución do órgano ambiental competente pola que se formula informe favorable de avaliación ambiental do proxecto.

f) Informe favorable do órgano competente en materia de minas nos casos de reenchemento con fins de rehabilitación de terreos afectados por industrias extractivas.

g) Inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

h) Autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 5. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 6. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os documentos derivados dos procedementos de:

• Inicio de avaliación ambiental estratéxica ordinaria (MT201R).

• Declaración ambiental estratéxica (MT201S).

• Memoria ambiental (MT201T).

• Inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada (MT201U).

• Informe ambiental no procedemento de aprobación de medidas provisionais de ordenación urbanística (MT201V).

Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/.

Artigo 8. Información do estado de tramitación

A información personalizada sobre o estado de tramitación dos procedementos, a relación dos actos de trámite realizados, a indicación do seu contido, así como a data en que foron ditados estarán á disposición na Carpeta cidadá, con independencia da canle de presentación de solicitudes.

Artigo 9. Resolución e silencio administrativo

Os procedementos de actividades suxeitas ao réxime de comunicación non están suxeitos a prazo, esta terá efectos desde o momento en que se presenta, non obstante, a Administración ten que comprobar o cumprimento dos requisitos por parte do solicitante, de modo que, no caso de que o solicitante non os cumpra, comunicaráselle que non procede a inscrición en canto non emende as deficiencias detectadas. Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos exixidos, emitirase un escrito en que se lle comunique ao interesado o número da súa inscrición. O silencio administrativo non procede.

Deseguido indicarase o sentido do silencio en caso de que a Administración non resolva e os prazos para resolver, así como o órgano competente en cada caso, e as peculiaridades de cada procedemento regulado nesta orde:

I. Autorización de ampliación de prazo de almacenamento de residuos:

No procedemento de autorización de ampliación de prazo de almacenamento de residuos, o órgano competente para resolver a solicitude no caso de actividades de xestión de residuos, será a dirección xeral con competencia en materia de residuos; e nas actividades de produción de residuos, a xefatura territorial da consellería competente en materia de ambiente.

De conformidade co artigo 13 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, o prazo de resolución é de tres (3) meses e o sentido do silencio administrativo negativo.

II. Baixa no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

No procedemento de baixa no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, o órgano competente para resolver a solicitude no caso de actividades de xestión de residuos é a dirección xeral con competencia en materia de residuos; e nas outras actividades, o Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da xefatura territorial da consellería competente en materia de ambiente.

De conformidade co artigo 13 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, o prazo de resolución no procedemento das actividades suxeitas a autorización é de tres (3) meses e o sentido do silencio administrativo negativo.

III. Comunicación de inicio de actividade de planta móbil.

Procedemento destinado ás actividades suxeitas ao réxime de comunicación competencia da dirección xeral con competencia en materia de residuos.

IV. Actividade de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron.

Procedemento destinado ás actividades suxeitas ao réxime de comunicación competencia da xefatura territorial da consellería competente en materia de ambiente.

V. Modificación da autorización para a valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron.

Procedemento destinado ás actividades suxeitas ao réxime de comunicación competencia da xefatura territorial da consellería competente en materia de ambiente.

VI. Plataforma loxística de RAEE.

Procedemento destinado ás actividades suxeitas ao réxime de comunicación competencia da xefatura territorial da consellería competente en materia de ambiente.

VII. Modificación da inscrición da Plataforma loxística de RAEE.

Procedemento destinado ás actividades suxeitas ao réxime de comunicación competencia da xefatura territorial da consellería competente en materia de ambiente.

VIII. Produción de subprodutos. Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento destinado ás actividades suxeitas ao réxime de comunicación competencia da dirección xeral con competencia en materia de residuos.

IX. Presentación electrónica de memoria anual e documentación complementaria.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de residuos, non suxeito a resolución e, por tanto, sen prazo para resolver.

X. Presentación de informes anuais.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de residuos, non suxeito a resolución e, por tanto, sen prazo para resolver.

XI. Presentación electrónica da declaración de envases.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de residuos, non suxeito a resolución e, por tanto, sen prazo para resolver.

XII. Presentación electrónica do estudo de minimización.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de residuos, non suxeito a resolución e, por tanto, sen prazo para resolver.

XIII. Presentación electrónica do plan de prevención e/ou seguimento do plan.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de residuos, non suxeito a resolución e, por tanto, sen prazo para resolver.

XIV. Réxime de comercio de dereitos de emisións de gases de efecto invernadoiro.

No procedemento de asignación gratuíta de dereitos de emisión, o órgano competente para resolver a solicitude é o Consello de Ministros; e no procedemento de exclusión para o período 2021-2030, o órgano competente para resolver é a dirección xeral con competencia na aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

No procedemento de notificación de cambios en relación coa asignación de dereitos de emisión, o órgano competente para resolver é o secretario de Estado de Medio Ambiente.

Ao non atoparse regulado na súa normativa específica, aplicaráselle supletoriamente a Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administración públicas; así, o prazo de resolución será de tres (3) meses e o sentido do silencio administrativo negativo.

XV. Presentación dos informes anuais en materia de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

A tramitación de ambos os procedementos sometidos ao réxime de comunicación correspóndelle á dirección xeral con competencia na aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

a) A tramitación da presentación do informe verificado sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro.

• No caso de instalacións suxeitas ao réxime xeral de comercio de dereitos de emisión, de conformidade co artigo 23 da Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro, realizarase a inscrición no Rexistro comunitario de dereitos de emisión antes do 31 de marzo de cada ano. De existiren discrepancias, notificaranse ao titular con proposta de resolución destas e, se for o caso, a estimación das emisións, procedendo resolver e inscribir a información verificada unha vez examinadas as alegacións do titular da instalación, en calquera caso, antes do 31 de marzo do ano correspondente.

• No caso de instalacións suxeitas ao réxime de exclusión, de conformidade co disposto no Real decreto 301/2011, do 4 de marzo, sobre medidas de mitigación equivalentes á participación no réxime de comercio de dereitos de emisión para efectos da exclusión de instalacións de pequeno tamaño; e no Real decreto 317/2019, do 26 de abril, polo que se define a medida de mitigación equivalente á participación no réxime de comercio de dereitos de emisión no período 2021-2025 e se regulan determinados aspectos relacionados coa exclusión de instalacións de baixas emisións do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro, o órgano autonómico remitiralle á Oficina Española de Cambio Climático a información correspondente antes do 31 de marzo de cada ano.

b) A tramitación da presentación do informe de mellora da metodoloxía de seguimento e notificación das emisións. En canto ao sentido do silencio e o prazo para resolver, ao non atoparse regulado na súa normativa específica, aplicaráselle supletoriamente o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas; así, o prazo de resolución será de tres (3) meses e o sentido do silencio administrativo negativo.

XVI. Autorización de instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupos A ou B.

No procedemento de autorización de instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupos A ou B, o órgano competente para resolver a solicitude é a dirección xeral con competencia en materia de calidade do aire e protección da atmosfera.

De conformidade co artigo 13.2 da citada Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, o prazo de resolución é de nove (9) meses e o sentido do silencio administrativo negativo.

XVII. Instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupo C.

Procedemento atribuído á da dirección xeral con competencia en materia de calidade do aire e protección da atmosfera, non suxeito a resolución e, por tanto, sen prazo para resolver.

XVIII. Inicio da avaliación ambiental estratéxica ordinaria.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de avaliación ambiental, a que están obrigadas as entidades locais, no cal, conforme o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a solicitude deberá resolverse no prazo de dous meses, unha vez realizado o trámite de consultas. O artigo 10 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sinala que a falta de emisión do informe ambiental estratéxico en ningún caso poderá entenderse que equivale a avaliación ambiental favorable.

XIX. Declaración ambiental estratéxica.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de avaliación ambiental, a que están obrigadas as entidades locais, no cal, conforme o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a solicitude deberá resolverse no prazo de dous meses, tras a recepción da documentación completa. O artigo 10 da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, sinala que a falta de emisión do informe ambiental estratéxico en ningún caso poderá entenderse que equivale a avaliación ambiental favorable.

XX. Memoria ambiental.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de avaliación ambiental, a que están obrigadas as entidades locais, no cal, conforme o artigo 19.3 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a solicitude deberá resolverse no prazo de tres meses tras a recepción da documentación completa. O sentido do silencio será positivo, tal e como establece o artigo 85.5 parágrafo 3º da derrogada Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, aplicable aos procedementos iniciados antes do 12 de decembro de 2014 , segundo a disposición transitoria 1ª da Lei 21/2013, de xeito que, se transcorre o prazo para elaborar a memoria ambiental sen que tivese sido comunicado ao órgano promotor, se entenderá aceptada a proposta de memoria ambiental enviada ao órgano ambiental e se poderá continuar a tramitación do plan.

XXI. Inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de avaliación ambiental, a que están obrigadas as entidades locais, no cal, conforme os artigos 64.2, 75.3.b) e 78.4.b) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a solicitude deberá resolverse no prazo de dous meses, unha vez realizado o trámite de consultas. O artigo 10 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sinala que a falta de emisión do informe ambiental estratéxico en ningún caso poderá entenderse que equivale a avaliación ambiental favorable.

XXII. Trámite de consultas previas dos procedementos de avaliación ambiental estratéxica (AAE).

Procedemento destinado ás actividades suxeitas ao réxime de comunicación atribuído á dirección xeral con competencia en materia de avaliación ambiental.

A presentación da comunicación pode ser presencial ou electrónica.

XXIII. Informe ambiental no procedemento de aprobación de medidas provisionais de ordenación urbanística.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de avaliación ambiental, a que están obrigadas as entidades locais, no cal, conforme o artigo 93.2.b) da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, a solicitude deberá resolverse no prazo de dous meses, desde a recepción da documentación completa, tras identificar e consultar as administracións públicas afectadas e as persoas interesadas por un prazo máximo dun mes. O artigo 10 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sinala que a falta de emisión do informe ambiental estratéxico en ningún caso poderá entenderse que equivale a avaliación ambiental favorable.

XXIV. Autorización ambiental integrada.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de ambiente que teña encomendada a tramitación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas, a que están obrigadas as persoas titulares das instalacións de titularidade pública ou privada nas cales se desenvolva algunha das actividades industriais incluídas no ámbito de aplicación do Real decreto lexislativo 1/2016, incluídas nas categorías enumeradas no anexo I do citado real decreto. Exceptúanse desta obriga as instalacións ou partes de instalacións empregadas para investigación, desenvolvemento e experimentación de novos produtos e procesos.

De conformidade co artigo 21.1 do texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, a solicitude deberá resolverse no prazo de nove (9) meses. O sentido do silencio será negativo en caso de non resolverse en prazo.

XXV. Autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de ambiente que teña encomendada a tramitación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas, a que están obrigadas as persoas titulares das instalacións de titularidade pública ou privada nas cales se desenvolva algunha das actividades industriais incluídas no ámbito de aplicación do Real decreto lexislativo 1/2016, incluídas nas categorías enumeradas no anexo I do citado real decreto. Exceptúanse desta obriga as instalacións ou partes de instalacións empregadas para investigación, desenvolvemento e experimentación de novos produtos e procesos. Os proxectos que están dentro do ámbito de aplicación da avaliación de impacto ambiental son os especificados no artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (anexo I e anexo II).

De conformidade co artigo 21.1 do texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, a solicitude deberá resolverse no prazo de 9 meses. O sentido do silencio será negativo en caso de non resolverse en prazo.

XXVI. Modificación substancial da autorización ambiental integrada.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de ambiente que teña encomendada a tramitación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas, a que están obrigadas as persoas titulares dunha instalación que conte con autorización ambiental integrada e que pretenda levar a cabo unha modificación substancial desta.

De conformidade co artigo 15.9 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, a solicitude deberá resolverse no prazo de seis (6) meses. O sentido do silencio será negativo en caso de non resolverse en prazo.

XXVII. Modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de ambiente que teña encomendada a tramitación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas, a que están obrigadas as persoas titulares dunha instalación que conte con autorización ambiental integrada, sempre e cando esta se corresponda con algúns dos proxectos recollidos no anexo I ou anexo II da Lei 21/2013 e que pretenda levar a cabo unha modificación substancial desta.

De conformidade do artigo 15.9 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, a solicitude deberá resolverse no prazo de seis (6) meses. O sentido do silencio será negativo en caso de non resolverse en prazo.

XXVIII. Seguimento da autorización ambiental integrada.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de ambiente que teña encomendada a tramitación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas, non suxeito a resolución e, por tanto, sen prazo para resolver. Poderá presentalo a persoa titular dunha instalación que conte cunha autorización ambiental integrada en vigor.

XXIX. Revisión da autorización ambiental integrada.

Existen diferentes tipos de revisión da autorización ambiental integrada:

1. Revisión nun prazo de catro (4) anos desde que se publican as conclusións relativas aos documentos de referencia de mellores técnicas dispoñibles (MTD) aplicables á instalación (mediante decisións da Comisión Europea publicadas no DOUE). Neste caso, a revisión é iniciada de oficio pola dirección xeral con competencia en materia de ambiente que teña encomendada a tramitación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas, que, de conformidade co artigo 16.4 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, deberá resolver nun prazo de 6 meses.

2. Revisión de oficio para os cinco (a, b, c, d, e) supostos do artigo 26.4 do Real decreto lexislativo 1/2016. Os supostos a) b) c) e e) inícianse cando o órgano que propón a revisión solicita ao órgano competente para outorgar a autorización ambiental integrada que inicie o procedemento a fin de modificala. Neste caso, a revisión é iniciada de oficio pola dirección xeral con competencia en materia de ambiente que teña encomendada a tramitación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas, que, de conformidade cos artigos 16.5 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, deberá resolver nun prazo de tres (3) meses.

3. O suposto d) resérvase para o caso en que o órgano de bacía considere que existen circunstancias que xustifican a revisión da autorización ambiental integrada no relativo ás verteduras. O formulario será empregado para que o titular da instalación cuxa autorización ambiental integrada estea en revisión poida presentar a documentación que se lle require dentro do procedemento. Neste caso, o órgano competente para resolver a revisión será a dirección xeral con competencia en materia de ambiente que teña encomendada a tramitación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas que, de conformidade co artigo 16.4 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, deberá resolver nun prazo de seis (6) meses.

O sentido do silencio, de non resolver en prazo, será negativo.

XXX. Modificación non substancial da autorización ambiental integrada.

No procedemento de modificación non substancial da autorización ambiental integrada, suxeito a comunicación, o órgano competente será a dirección xeral con competencia en materia de ambiente que teña encomendada a tramitación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas, que, de conformidade co artigo 10.2 do texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, poderá, cando proceda, opoñerse á modificación no prazo dun mes.

XXXI. Cesamento temporal/ peche da instalación.

Procedemento destinado ás actividades suxeitas ao réxime de comunicación, competencia da dirección xeral con competencia en materia de ambiente, que teña encomendada a tramitación e o seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas.

Os titulares cuxa instalación conta con autorización ambiental integrada e teñen previsto o cesamento temporal ou definitivo da actividade deben presentar unha comunicación previa.

XXXII. Transmisión/Cambio de denominación social da autorización ambiental integrada.

Procedemento atribuído á dirección xeral, con competencia en materia de ambiente que teña encomendada a tramitación e o seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas, non suxeito a resolución e, por tanto, sen prazo para resolver.

Os titulares cuxa instalación conta con autorización ambiental integrada e esta sexa transmitida ou se modifique a denominación social do titular, teñen a obriga de comunicalo ao órgano competente para outorgar a autorización ambiental integrada.

XXXIII. Acceso á plataforma de información en materia de solos potencialmente contaminados.

Procedemento destinado ás actividades suxeitas ao réxime de comunicación competencia da dirección xeral con competencia en materia de ambiente que teña encomendada a tramitación e o seguimento da calidade do solo, para que en relación co procedemento telemático de información sobre actividades potencialmente contaminantes do solo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, previsto no Decreto 60/2009, do 26 de febreiro, sobre solos potencialmente contaminados e procedemento para a declaración de solos contaminados, sexan as persoas responsables da introdución, modificación e consulta de datos na aplicación informática vinculada ao portal: http://solos.medioambiente.xunta.es, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Vivenda.

XXXIV. Información en materia de solos potencialmente contaminados.

Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de ambiente que teña encomendada a tramitación e seguimento da calidade do solo, sen prazo para resolver, de obrigado cumprimento para as empresas con actividades consideradas como potencialmente contaminantes:

a) As actividades de tipo industrial ou comercial recollidas no anexo I do Real decreto 9/2005, do 14 de xaneiro.

b) As actividades que produzan, manexan ou almacenan máis de 10 Tn por ano de substancias perigosas.

c) Os almacenamentos de combustible para uso propio cun consumo anual medio superior a 300.000 litros e cun volume total de almacenamento igual ou superior a 50.000.

Asemade, obriga os propietarios de solos en que se teña desenvolvido no pasado algunha actividade potencialmente contaminante cando se solicite unha licenza ou autorización para o establecemento dalgunha actividade diferente das actividades potencialmente contaminantes ou que supoña un cambio de uso do solo.

XXXV. Inspección ambiental.

Procedemento competencia da subdirección xeral que ten atribuída a actividade de control, seguimento e inspección ambiental, pertencente á dirección xeral con competencia en materia de calidade ambiental, non suxeito a resolución e, por tanto, sen prazo para resolver, que se aplica ás instalacións que teñan sido obxecto de inspeccións ambientais realizadas no marco dos plans e programas da Inspección Ambiental de Galicia.

XXXVI. Garantía financeira.

Procedemento competencia da subdirección xeral que ten atribuída a execución da normativa de responsabilidade ambiental pertencente á dirección xeral con competencia en materia de calidade ambiental, non suxeito a resolución e, por tanto, sen prazo para resolver, que se aplica ás actividades clasificadas como nivel de prioridade 1 e 2 na Orde ARM/1783/2011, do 22 de xuño, e na Orde APM/1040/2017, do 23 de outubro, polas que se establece a data a partir da cal será exixible a constitución da garantía financeira, previstas na disposición derradeira cuarta da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental.

Sección 2ª. Procedementos

Artigo 10. Autorización de ampliación de prazo de almacenamento de residuos

1.O procedemento de autorización de ampliación de prazo de almacenamento de residuos está regulado no artigo 18 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

2. O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo I e no anexo I bis desta orde co código de procedemento MT201A.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e que no desenvolvemento da actividade de almacenamento de residuos solicitada se cumprirá coas obrigas recollidas nos números 17 e 18 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

Artigo 11. Baixa no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia (RXPXRG)

1. O procedemento de baixa no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia está regulado nos artigos 27 e 32 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, e na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

2. O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo II desta orde co código de procedemento MT201B.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Artigo 12. Comunicación de inicio de actividade de planta móbil

1. O procedemento para a comunicación do inicio de actividade de planta móbil está regulado na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e no artigo 23 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

2. O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo III desta orde co código de procedemento MT201C.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar:

a) Que todos os datos contidos nesta comunicación e nos documentos que se achegan son certos.

b) Que a dita entidade conta con autorización de planta móbil inscrita no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia (RXPXRG).

c) Os datos de localización da instalación en que vai desenvolver a súa actividade.

d) Se a instalación da dita planta móbil precisa ou non contar con documento ambiental segundo o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e no Plan de xestión de residuos industriais de Galicia 2016-2022.

Artigo 13. Comunicación da actividade de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron

1. O procedemento para a comunicación do inicio de actividade de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron está regulado no artigo 27 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, no artigo 6 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, e na Orde APM/1007/2017, do 10 de outubro, sobre normas xerais de valorización de materiais naturais escavados para a súa utilización en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron.

2. O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo IV desta orde co código de procedemento MT201D.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar:

a) Que todos os datos contidos nesta comunicación e nos documentos que se achegan son certos.

b) Que no desenvolvemento da actividade como xestor de materiais naturais escavados se cumprirá coas obrigas recollidas no artigo 5 da Orde APM/1007/2017, do 10 de outubro, sobre normas xerais de valorización de materiais naturais escavados para a súa utilización en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron, así como coas obrigas recollidas no artigo 20 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

c) Que a dita entidade recibiu materiais naturais escavados para realizar operacións de valorización nas localizacións que se detallan no contido da comunicación.

d) Que para realizar estas operacións de valorización é necesario almacenar temporalmente estes materiais.

e) Que o almacenamento destes materiais en ningún caso superará os dous anos de duración.

f) Se a actividade comunicada ten ou non efectos significativos sobre o ambiente e non está sometida a ningún trámite de avaliación ambiental de conformidade co sinalado na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Artigo 14. Solicitude de modificación da inscrición de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron

1. O procedemento para a solicitude de modificación da inscrición de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron, está regulado no artigo 27 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, no artigo 6 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, e na Orde APM/1007/2017, do 10 de outubro, sobre normas xerais de valorización de materiais naturais escavados para a súa utilización en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron.

2. O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo V desta orde co código de procedemento MT201E.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar, ademais de que todos os datos contidos nesta comunicación e nos documentos que se achegan son certos, que no desenvolvemento da actividade como xestor de materiais naturais escavados se cumprirá coas obrigas recollidas no artigo 5 da Orde APM/1007/2017, do 10 de outubro, sobre normas xerais de valorización de materiais naturais escavados para a súa utilización en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron, así como coas obrigas recollidas no artigo 20 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

Artigo 15. Plataforma loxística de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE)

1. O procedemento para a comunicación de que a instalación vai actuar como plataforma loxística, instalación de recolla e almacenamento de RAEE no ámbito da distribución de aparellos eléctricos e electrónicos (AEE), está regulado na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e no artigo 37 do Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.

2. O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo VI desta orde co código de procedemento MT201F, acompañado do anexo VI bis coa descrición dos RAEE que se van almacenar segundo fraccións de recolla ou grupos de tratamento e códigos LER-RAEE segundo a táboa 1 do anexo VIII do Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, así como do anexo VI ter, cos datos de identificación das empresas distribuidoras a que presta servizo de almacenamento de RAEE.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar, ademais de que todos os datos contidos na comunicación e nos documentos que se achegan son certos, o seguinte:

a) Que no desenvolvemento da actividade como plataforma loxística de RAEE se cumprirá coas obrigas recollidas no Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, en concreto: cumprir os requisitos de almacenamento do anexo VIII punto 1 do Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos; realizar as recollas de modo separado e o transporte dos RAEE de maneira que se poidan dar as condicións óptimas para a preparación para a reutilización, a reciclaxe e o adecuado confinamento das substancias perigosas, e cumprirá cos requisitos do anexo VII; dispor dun arquivo, mentres non estea operativa a plataforma electrónica de xestión de RAEE, en que incorporarán os datos sobre os RAEE recollidos e xestionados e os manterán actualizados, cada vez que se realicen recollas, entradas ou saídas de RAEE da súa instalación. Manter o arquivo ao dispor das autoridades competentes para os efectos de inspección e control, durante, polo menos, tres anos.

b) Realizar as entregas dos residuos de conformidade coas prescricións contidas no Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos e o Real decreto 180/2015, do 13 de marzo, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado.

c) Cumprir en todo momento coas prescricións sobre residuos que se establecen na normativa de aplicación, así como nas disposicións e instrucións que se diten nas administracións do Estado e da Xunta de Galicia en materia de residuos.

d) Comunicar calquera modificación dos datos contidos na comunicación, para os efectos de ter a información actualizada.

Artigo 16. Modificación da comunicación da plataforma loxística de RAEE

1. O procedemento para a modificación da comunicación da plataforma loxística de RAEE está regulada na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e no artigo 37 do Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.

2. O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo VII desta orde co código de procedemento MT201G, acompañado do anexo VII bis coa descrición dos RAEE que se van almacenar segundo fraccións de recolla ou grupos de tratamento e códigos LER-RAEE segundo a táboa 1 do anexo VIII do Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, así como do anexo VII ter, cos datos de identificación das empresas distribuidoras a que presta servizo de almacenamento de RAEE.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar os mesmos puntos sinalados no parágrafo terceiro do artigo anterior.

Artigo 17. Produción de subproduto. Comunidade Autónoma de Galicia

1. O procedemento para a comunicación da produción de subproduto na Comunidade Autónoma de Galicia, está regulado no artigo 4 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

2. O modelo para a comunicación da produción de subproduto na Comunidade Autónoma de Galicia é o que consta no anexo VIII desta orde co código de procedemento MT201H e o anexo VIII ter coa información sobre o cumprimento de requisitos da orde ministerial correspondente, xunto co anexo VIII bis coa descrición das condicións de almacenamento dos residuos.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar, ademais de que todos os datos contidos na comunicación e nos documentos que se achegan son certos, o seguinte:

a) Que cumpre cos requisitos establecidos na orde ministerial correspondente á declaración do residuo de produción como subproduto para o uso específico, que dispón da documentación que así o acredita e que se compromete a manter o seu cumprimento durante o tempo inherente ao dito recoñecemento (en canto que non se produzan cambios nos procesos de produción e de utilización do material, no propio subproduto e os destinos concretos en que se utiliza, etc.).

b) Que manifesta que coñece, acepta e se compromete a cumprir os requirimentos establecidos na orde ministerial correspondente. Así mesmo, declara que:

• A empresa produtora enviará unha copia da presente comunicación, de ser o caso, á/ás comunidade/s autónoma/s receptora/s do subproduto.

• A empresa produtora comprométese a levar un rexistro cronolóxico das cantidades producidas e xestionadas como subproduto, que estará ao dispor da autoridade competente durante cinco (5) anos.

• Cumpre as disposicións da orde ministerial correspondente e, en xeral, todas as normas que sexan de aplicación ás materias primas que substitúe.

• Coñece que o resultado da valoración da comunicación poderá ser suspendida temporal ou definitivamente pola Administración por razóns de seguridade, salubridade ou outros motivos xustificados, no caso de que esta considere que non se cumpren os requirimentos definitivos na orde ministerial para o uso seguro do subproduto ou descubra a existencia de cambios significativos no subproduto ou no proceso de produción que o xere.

• Comercializa o subproduto dispoñendo de cantas autorizacións poden ser necesarias doutras administracións, de cuxa obtención non queda eximido o declarante.

• Non comercializará o subproduto para usos distintos aos especificados na orde ministerial correspondente e na presente comunicación.

• Facilitará ás empresas receptoras do subproduto toda aquela información que permita garantir a protección ao ambiente e á saúde humana, relacionados con aspectos relativos ao transporte, manipulación e uso do subproduto.

• Informará as empresas receptoras do subproduto de que deberán levar un rexistro cronolóxico das cantidades de subprodutos utilizados, que estará ao dispor da autoridade competente durante tres (3) anos.

c) Que coñece que a inexactitude, falsidade ou omisión de datos esenciais nesta comunicación, ou o incumprimento dos requisitos exixibles segundo a lexislación vixente para a actividade a que se refire, determinará a imposibilidade de continuar xestionando o residuo de produción como un subproduto.

Artigo 18. Memoria anual e documentación complementaria

1. A presentación electrónica da memoria anual e a documentación complementaria regúlase no artigo 41 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, no Real decreto 180/2015, do 13 de marzo, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado, no Real decreto 20/2017, do 20 de xaneiro, sobre os vehículos ao final da súa vida útil, e no Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.

2. O modelo para a súa presentación é o que consta no anexo IX desta orde co código de procedemento MT201I.

Artigo 19. Informe anual de actividade do sistema colectivo de responsabilidade ampliada do produtor (SCRAP) e documentación complementaria

1. A presentación electrónica do informe anual de actividade do SCRAP e documentación complementaria regúlase na seguinte normativa: no artigo 32 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e na norma específica de cada fluxo de residuo: na Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases, o Real decreto 782/1998, do 30 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e a execución da Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases, e o Real decreto 252/2006, do 3 de marzo, polo que se revisan os obxectivos de reciclaxe e valorización establecidos na Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases, e polo que se modifica o Regulamento para a súa execución, aprobado polo Real decreto 782/1998, do 30 de abril, no Real decreto 710/2015, do 24 de xullo, polo que se modifica o Real decreto 106/2008, do 1 de febreiro, sobre pilas e acumuladores e a xestión ambiental dos seus residuos, no Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, no Real decreto 1619/2005, do 30 de decembro, sobre a xestión de pneumáticos fóra de uso, e no Real decreto 679/2006, do 2 de xuño, polo que se regula a xestión dos aceites industriais usados.

2. O modelo para a presentación electrónica do informe anual de actividade do SCRAP e documentación complementaria é o que consta no anexo X desta orde co código de procedemento MT201J.

Artigo 20. Declaración de envases

1. Os requisitos e o procedemento para a presentación electrónica da declaración de envases establécense na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, na Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases, no artigo 6 do Real decreto 782/1998, do 30 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e a execución da Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases, e o Real decreto 252/2006, do 3 de marzo, polo que se revisan os obxectivos de reciclaxe e valorización establecidos na Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases, e polo que se modifica o Regulamento para a súa execución, aprobado polo Real decreto 782/1998, do 30 de abril.

2. O modelo de presentación electrónica da declaración de envases é o que consta no anexo XI desta orde co código de procedemento MT201K.

Artigo 21. Estudo de minimización

1. Os requisitos para a presentación electrónica do estudo de minimización establécense no artigo 17 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e na Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regulan os contidos dos estudos de minimización da produción de residuos que deben presentar os produtores de residuos de Galicia.

2. O modelo para a súa presentación é o que consta no anexo XII desta orde co código de procedemento MT201L.

Artigo 22. Plan de prevención e/ou seguimento do plan

1. Os requisitos e as condicións para a presentación electrónica do plan de prevención e/ou seguimento do plan recóllense na seguinte normativa: artigos 14 e 15 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, e na norma específica de cada fluxo de residuo: na Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases, o Real decreto 782/1998, do 30 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases, e o Real decreto 252/2006, do 3 de marzo, polo que se revisan os obxectivos de reciclaxe e valorización establecidos na Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases, e polo que se modifica o Regulamento para a súa execución, aprobado polo Real decreto 782/1998, do 30 de abril, no Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, no Real decreto 1619/2005, do 30 de decembro, sobre a xestión de pneumáticos fóra de uso, e no Real decreto 679/2006, do 2 de xuño, polo que se regula a xestión dos aceites industriais usados.

2. O modelo para a solicitude de autorización referida no parágrafo anterior é o que consta no anexo XIII desta orde co código de procedemento MT201M.

Artigo 23. Comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro

1. A exclusión para o período 2021-2030 regúlase na disposición adicional cuarta da Lei 1/2005, do 9 marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro, e no Real decreto 18/2019, do 25 de xaneiro, polo que se desenvolven aspectos relativos á aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro no período 2021-2030.

A solicitude para a asignación gratuíta de dereitos de emisión, así como o seu contido e requisitos, regúlase na Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro, no Real decreto 1722/2012, do 28 de decembro, polo que se desenvolven aspectos relativos á asignación de dereitos de emisión no marco da Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro, e no Real decreto 18/2019, do 25 de xaneiro, polo que se desenvolven aspectos relativos á aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro no período 2021-2030.

A notificación de cambios en relación coa asignación de dereitos de emisión regúlase na Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro, e no Real decreto 1722/2012, do 28 de decembro, polo que se desenvolven aspectos relativos á asignación de dereitos de emisión no marco da Lei 1/2005.

2. O modelo para realizar a referida solicitude é o que consta no anexo XIV desta orde co código de procedemento MT201N. Este modelo utilizarase tanto para a asignación gratuíta de dereitos de emisión, como para a exclusión para o período 2021-2030, así como para a notificación de cambios en relación coa asignación de dereitos de emisión:

– Polas instalacións fixas con dereito a asignación gratuíta incluídas no ámbito de aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión, non excluídas pola disposición adicional cuarta da Lei 1/2005, para os procedementos de asignación gratuíta de dereitos de emisión e de notificación de cambios en relación coa asignación de dereitos de emisión.

– Polos/as titulares das instalacións que están dentro do ámbito de aplicación da Lei 1/2005, do 9 de marzo, que cumpran cos requisitos indicados na súa disposición adicional cuarta, para a solicitude de exclusión para o período 2021-2030.

3. No trámite de asignación gratuíta de dereitos de emisión para o período 2021-2030, a persoa solicitante deberá declarar que a instalación conta con todas as licenzas e permisos administrativos exixidos pola normativa aplicable para poñer a instalación en funcionamento.

Artigo 24. Presentación dos Informes anuais en materia de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro

1. A presentación do informe verificado sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro, así como o seu contido e requisitos, regúlase na Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

A presentación do informe de mellora da metodoloxía de seguimento regúlase no Regulamento (UE) n° 601/2012 da Comisión, do 21 de xuño de 2012 , sobre o seguimento e a notificación das emisións de gases de efecto invernadoiro en aplicación da Directiva 2003/87/CE do Parlamento Europeo e do Consello; no Regulamento de execución (UE) 2018/2066 da Comisión, do 19 de decembro de 2018, sobre o seguimento e a notificación das emisións de gases de efecto invernadoiro en aplicación da Directiva 2003/87/CE do Parlamento Europeo e do Consello e polo que se modifica o Regulamento (UE) n° 601/2012 da Comisión; no Real decreto 301/2011, do 4 de marzo, sobre medidas de mitigación equivalentes á participación no réxime de comercio de dereitos de emisión para efectos da exclusión de instalacións de pequeno tamaño; e no Real decreto 317/2019, do 26 de abril, polo que se define a medida de mitigación equivalente á participación no réxime de comercio de dereitos de emisión no período 2021-2025 e se regulan determinados aspectos relacionados coa exclusión de instalacións de baixas emisións do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

2. O modelo para realizar as actuacións previstas nos parágrafos anteriores é o que consta no anexo XV desta orde co código de procedemento MT201O. Este modelo será utilizado polas instalacións sometidas ao réxime xeral de comercio de dereito de emisión, para a presentación do informe verificado sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro e para a presentación do informe de mellora da metodoloxía de seguimento; e polas instalacións suxeitas ao réxime de exclusión, unicamente para a presentación do informe verificado.

Artigo 25. Autorización de instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupos A ou B

1. As condicións e os requisitos para a autorización, así como as obrigas dos establecementos autorizados recóllense na Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, e no Real decreto 100/2011, do 28 de xaneiro, polo que se actualiza o catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera e se establecen as disposicións básicas para a súa aplicación.

2. O modelo para solicitar a autorización é o que consta como anexo XVI desta orde co código de procedemento MT201P.

Artigo 26. Instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupo C

1. Os requisitos e as condicións para a notificación das instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupo C recóllense na Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, e no Real decreto 100/2011, do 28 de xaneiro, polo que se actualiza o catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera e se establecen as disposicións básicas para a súa aplicación.

2. Para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior, deberán empregar o modelo que consta no anexo XVII desta orde co código de procedemento MT201Q.

Artigo 27. Inicio de avaliación ambiental estratéxica ordinaria

1. O procedemento para o inicio da avaliación ambiental estratéxica ordinaria regúlase na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, que establece o procedemento de tramitación dos instrumentos de planeamento suxeitos ao procedemento ordinario; no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia para os instrumentos urbanísticos, e na Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (DOG nº 224, do 25 de novembro).

2. O modelo para solicitar o inicio da avaliación ambiental estratéxica ordinaria é o que consta no anexo XVIII desta orde co código de procedemento MT201R.

Artigo 28. Declaración ambiental estratéxica

1. O procedemento para a declaración ambiental estratéxica ordinaria regúlase na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia para os instrumentos urbanísticos, e na Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (DOG nº 224, do 25 de novembro).

2. O modelo para a súa solicitude é o que consta como anexo XIX desta orde co código de procedemento MT201S.

Artigo 29. Memoria ambiental

1. A solicitude de memoria ambiental regúlase na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia para os instrumentos urbanísticos, e na Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (DOG nº 224, do 25 de novembro). A disposición transitoria primeira dedicada ao réxime transitorio da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, establece que esta lei se aplica a todos os plans, programas e proxectos cuxa avaliación ambiental estratéxica ou avaliación de impacto ambiental se inicie a partir do día da súa entrada en vigor ; de xeito que os procedementos iniciados antes seguen a rexerse pola Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a pesar da súa derrogación.

2. O modelo para solicitar a memoria ambiental referido no parágrafo anterior é o que consta no anexo XX desta orde co código de procedemento MT201T.

Artigo 30. Inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada

1. A solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada regúlase na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental , nos artigos 64, 75 e 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia para os instrumentos urbanísticos, e na Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (DOG nº 224, do 25 de novembro).

2. O modelo para a súa solicitude é o que consta no anexo XXI desta orde co código de procedemento MT201U.

Artigo 31. Trámite de consultas previas na avaliación ambiental estratéxica

1. A solicitude para presentación de calquera achega no trámite de consultas previas na avaliación ambiental estratéxica regúlase nos artigos 60, 64, 75 e 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, en relación coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia para os instrumentos urbanísticos. A súa presentación pode ser presencial ou electrónica.

2. A persoa interesada en facer achegas no trámite de consultas previas na avaliación ambiental estratéxica, deberá seguir o modelo que consta no anexo XXII desta orde co código de procedemento MT202K.

Artigo 32. Informe ambiental no procedemento de aprobación de medidas provisionais de ordenación urbanística

1. A solicitude de informe ambiental no procedemento de aprobación de medidas provisionais de ordenación urbanística regúlase na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia, e artigo 93 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, e na Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (DOG nº 224, do 25 de novembro).

2. O modelo para a súa solicitude é o que consta no anexo XXIII desta orde co código de procedemento MT201V.

Artigo 33. Autorización ambiental integrada

1. A solicitude de autorización ambiental integrada regúlase na Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación), nos artigos 13 a 22 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación e nos artigos 6 a 10 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

2. O modelo para a súa solicitude é o que consta no anexo XXIV desta orde co código de procedemento MT201X.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Artigo 34. Autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

1. A solicitude de autorización ambiental integrada regúlase na Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación), nos artigos 13 a 22 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, e nos artigos 6 a 10 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación. O procedemento para tramitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria está regulado na sección 1ª da Lei 21/2013; o procedemento para tramitar a avaliación de impacto ambiental simplificada está regulado na sección 2ª da Lei 21/2013. A coordinación dos procedementos de avaliación de impacto ambiental (cando a competencia é estatal) e a autorización ambiental integrada está recollida na sección 3ª do Real decreto 815/2013. A coordinación dos procedementos de avaliación de impacto ambiental (cando a competencia é autonómica) está recollida no capítulo I da Lei 5/2017, do 19 de outubro.

2. O modelo para a súa solicitude é o que consta no anexo XXV desta orde co código de procedemento MT201Y.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Artigo 35. Modificación substancial da autorización ambiental integrada

1. A solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada regúlase na Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación), no artigo 10 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, no artigo 14 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia. Afecta as actividades industriais incluídas nas categorías enumeradas no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación.

2. O modelo para a súa solicitude é o que consta no anexo XXVI desta orde co código de procedemento MT201Z.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Artigo 36. Modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

1. A solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental regúlase na Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación), no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, no artigo 15 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia. Afecta as actividades industriais incluídas nas categorías enumeradas no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación.

2. O modelo para a súa solicitude é o que consta no anexo XXVII desta orde co código de procedemento MT202A.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Artigo 37. Seguimento da autorización ambiental integrada

1. A solicitude de seguimento da autorización ambiental integrada regúlase na Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación), no artigo 5.b) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, e no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

2. O modelo para a súa solicitude é o que consta no anexo XXVIII desta orde co código de procedemento MT202B.

3. O titular ten a obriga de cumprir as obrigas de control e subministración de información previstas pola lexislación sectorial aplicable e pola propia autorización ambiental integrada.

4. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Artigo 38. Revisión da autorización ambiental integrada

1. A solicitude de revisión da autorización ambiental integrada (AAI) regúlase na Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación), no artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, e no artigo 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

2. O modelo para a súa solicitude é o que consta no anexo XXIX desta orde co código de procedemento MT202C.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Artigo 39. Modificación non substancial da autorización ambiental integrada

1. A solicitude de modificación non substancial da autorización ambiental integrada regúlase na Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais, no artigo 10 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, e no artigo 14 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

2. O titular dunha instalación que conte con autorización ambiental integrada e que pretenda levar a cabo unha modificación non substancial desta deberá empregar o modelo de solicitude que consta no anexo XXX desta orde co código de procedemento MT202D.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Artigo 40. Cesamento temporal/cesamento definitivo da instalación con autorización ambiental integrada

1. A solicitude de cesamento temporal/cesamento definitivo da instalación con autorización ambiental integrada regúlase na Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación); no artigo 23 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; no artigo 13 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación; no Real decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, e no Decreto 60/2009, do 26 de febreiro, sobre solos potencialmente contaminados e procedemento para a declaración de solos contaminados.

2. Os titulares cuxa instalación conta con autorización ambiental integrada e teñan previsto o cesamento temporal ou definitivo da actividade presentarán unha comunicación previa. O modelo para a súa comunicación é o que consta no anexo XXXI desta orde co código de procedemento MT202E.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Artigo 41. Transmisión/cambio de razón social da autorización ambiental integrada

1. A solicitude de transmisión/cambio de razón social da autorización ambiental integrada regúlase na Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación); no artigo 5 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación ; no Real decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, e no Decreto 60/2009, do 26 de febreiro, sobre solos potencialmente contaminados e procedemento para a declaración de solos contaminados.

2. Os titulares cuxa instalación conta con autorización ambiental integrada e esta sexa transmitida ou se modifique a denominación social do titular, teñen a obriga de comunicalo ao órgano competente para outorgar a autorización ambiental integrada. Para esa comunicación empregarán o modelo que consta no anexo XXXII desta orde co código de procedemento MT202F.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Artigo 42. Acceso á plataforma de información en materia de solos potencialmente contaminados

1. A comunicación de acceso de información en materia de solos potencialmente contaminados regúlase na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, na Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia, no Real decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, e no Decreto 60/2009, do 26 de febreiro, sobre solos potencialmente contaminados e procedemento para a declaración de solos contaminados.

2. O modelo para esta comunicación é o que consta no anexo XXXIII desta orde co código de procedemento MT202G.

Artigo 43. Solicitude de información en materia de solos potencialmente contaminados

1. A solicitude de información en materia de solos potencialmente contaminados regúlase na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados; na Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia; no Real decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados; no capítulo II do Decreto 60/2009, do 26 de febreiro, sobre solos potencialmente contaminados e procedemento para a declaración de solos contaminados; e na Orde PRA/1080/2017, do 2 de novembro, pola que se modifica o anexo I do Real decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados.

2. O modelo para a súa solicitude é o que consta no anexo XXXIV desta orde co código de procedemento MT202H.

Artigo 44. Inspección ambiental

1. A inspección ambiental regúlase na Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación), no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, no artigo 23 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e no Decreto 7/2020, do 9 de xaneiro, de inspección ambiental de Galicia. A súa presentación pode ser presencial ou electrónica.

2. As instalacións que teñan sido obxecto de inspeccións ambientais realizadas no marco dos plans e programas da Inspección Ambiental de Galicia empregarán para a súa comunicación o modelo que consta no anexo XXXVI desta orde co código de procedemento MT201I.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Artigo 45. Garantía financeira

1. A comunicación da garantía financeira regúlase na Directiva 2004/35/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de abril de 2004, sobre responsabilidade ambiental en relación coa prevención e reparación de datos ambientais; na Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental; no artigo 33 do Real decreto 2090/2008, do 22 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento parcial da Lei 26/2007; na Orde ARM/1783/2011, do 22 de xuño, pola que se estable a orde de prioridade e o calendario para a aprobación das ordes ministeriais a partir das cales será exixible a constitución da garantía financeira; na Lei 11/2014, do 3 de xullo, pola que se modifica a Lei 26/2007; no Real decreto 183/2015, do 13 de marzo, polo que se modifica o Regulamento de desenvolvemento parcial da Lei 26/2007; e na Orde APM/1040/2017, do 23 de outubro, pola que se establece a data a partir da cal será exixible a constitución da garantía financeira. A súa presentación pode ser presencial ou electrónica.

2. O modelo para a súa solicitude é o que consta no anexo XXXVII desta orde co código de procedemento MT201J.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Disposición adicional primeira. Actualización de modelos normalizados

Os modelos normalizados aplicables na tramitación dos procedementos regulados na presente disposición poderán ser modificados co obxecto de mantelos actualizados e adaptados á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación destes modelos adaptados ou actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas.

Disposición adicional segunda

Así mesmo, para os devanditos procedementos suprímese a exixencia da documentación que de acordo coa lexislación vixente non se pode solicitar para a súa tramitación ou á cal a Administración galega pode acceder directamente mediante a plataforma de interoperabilidade administrativa.

Disposición adicional terceira. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión destes procedementos e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida nas fichas dos procedementos incluídas na Guía de procedementos e servizos, nos propios formularios anexos e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá nos devanditos formularios. Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de dar a publicidade exixida aos procedementos, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito nesta norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2020

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Relación de procedementos

Código

Anexo

Denominación

Documento

Presentación

MT201A

Anexo I

Anexo I bis

Autorización de ampliación do prazo de almacenamento de residuos

Solicitude

Electrónica

MT201B

Anexo II

Baixa no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia (RXPXRG)

Solicitude

Electrónica

MT201C

Anexo III

Inicio de actividade de planta móbil

Comunicación

Electrónica

MT201D

Anexo IV

Anexo IV bis

Anexo IV ter

Actividade de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron

Comunicación

Electrónica

MT201E

Anexo V

Anexo V bis

Modificación da inscrición de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas en que se xeraron

Comunicación

Electrónica

MT201F

Anexo VI

Anexo VI bis

Anexo VI ter

Plataforma loxística de RAEE

Comunicación

Electrónica

MT201G

Anexo VII

Anexo VII bis

Anexo VII ter

Modificación da comunicación da plataforma loxística de RAEE

Comunicación

Electrónica

MT201H

Anexo VIII

Anexo VIII bis

Anexo VIII ter

Produción de subproduto. Comunidade Autónoma de Galicia

Comunicación

Electrónica

MT201I

Anexo IX

Memoria anual e documentación complementaria

Electrónica

MT201J

Anexo X

Informe anual de actividade do Scrap e documentación complementaria

Electrónica

MT201K

Anexo XI

Declaración de envases

Electrónica

MT201L

Anexo XII

Estudo de minimización

Electrónica

MT201M

Anexo XIII

Plan de prevención e/ou seguimento do plan

Electrónica

MT201N

Anexo XIV

Comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro

Solicitude

Electrónica

MT201O

Anexo XV

Presentación dos informes anuais en materia de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro

Comunicación

Electrónica

MT201P

Anexo XVI

Autorización de instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupos A ou B

Solicitude

Electrónica

MT201Q

Anexo XVII

Instalacións con actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera (CAPCA) grupo C

Notificación

Electrónica

MT201R

Anexo XVIII

Inicio de avaliación ambiental estratéxica ordinaria

Solicitude

Electrónica

MT201S

Anexo XIX

Declaración ambiental estratéxica

Solicitude

Electrónica

MT201T

Anexo XX

Memoria ambiental

Solicitude

Electrónica

MT201U

Anexo XXI

Inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada

Solicitude

Electrónica

MT202K

Anexo XXII

Trámite de consultas previas na avaliación ambiental estratéxica

Comunicación

Presencial/electrónica

MT201V

Anexo XXIII

Informe ambiental no procedemento de aprobación de medidas provisionais de ordenación urbanística

Solicitude

Electrónica

MT201X

Anexo XXIV

Autorización ambiental integrada

Solicitude

Electrónica

MT201Y

Anexo XXV

Autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

Solicitude

Electrónica

MT201Z

Anexo XXVI

Modificación substancial da autorización ambiental integrada

Solicitude

Electrónica

MT202A

Anexo XXVII

Modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

Solicitude

Electrónica

MT202B

Anexo XXVIII

Seguimento da autorización ambiental integrada

Solicitude

Electrónica

MT202C

Anexo XXIX

Revisión da autorización ambiental integrada

Solicitude

Electrónica

MT202D

Anexo XXX

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Solicitude

Electrónica

MT202E

Anexo XXXI

Cesamento temporal/cesamento definitivo da instalación con autorización ambiental integrada

Comunicación

Electrónica

MT202F

Anexo XXXII

Transmisión/cambio de razón social da autorización ambiental integrada

Solicitude

Electrónica

MT202G

Anexo XXXIII

Acceso á plataforma de información en materia de solos potencialmente contaminados

Comunicación

Electrónica

MT202H

Anexo XXXIV

Información en materia de solos potencialmente contaminados

Solicitude

Electrónica

MT202I

Anexo XXXV

Inspección ambiental

Comunicación

Electrónica/presencial

MT202J

Anexo XXXVI

Garantía financeira

Comunicación.

Electrónica/presencial

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file