Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37930

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Unha vez presentada a renuncia da vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por María Eugenia de Pascual Grasa como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Susana Touza Figueiras, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública