Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37908

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 21 de setembro de 2020 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda e Administración Pública, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

DISPÓN:

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

– Viae ad limina Sancti Iacobi. 79 €.

– Cuevillas e os seus contemporáneos: Epistolario. 20 €.