Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37909

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 21 de setembro de 2020 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do IES Ricardo Carballo Calero, do concello de Ferrol.

De conformidade co previsto no artigo 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Código: 15025645.

Denominación actual: Instituto Educación Secundaria (IES) Ricardo Carballo Calero.

Nova denominación: Instituto Educación Secundaria (IES) Ricardo Carvalho Calero.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade