Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 1 de outubro de 2020 Páx. 38090

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura e Turismo nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2020

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Título

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo para realizar varias reparacións nas dependencias da Casa Grande de Cima de Vila, Trasalba (Amoeiro)

4.5.2020

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para a difusión informativa na capitalidade de Santiago de Compostela nos medios de comunicación no ano 2020

8.5.2020

125.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Mosteiro das Madres Mercedarias Descalzas de Santiago de Compostela para a execución da renovación da tarima da igrexa do Mosteiro das Madres Mercedarias Descalzas de Santiago de Compostela

27.5.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario para o financiamento de gastos correntes e de capital destinados á realización de diversas actividades de investigación e divulgativas do noso patrimonio cultural

28.5.2020

40.000,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Repsol en materia de normalización lingüística

1.6.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio

2.6.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón para a realización de actuacións de normalización lingüística

2.6.2020

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos para desenvolver un programa de actuacións para difundir, estudar e preservar a obra de Manuel María

2.6.2020

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Vigo en materia de normalización lingüística

3.6.2020

44.000,00 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización dun programa de accións en materia de investigación a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

4.6.2020

13.700,00 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade da Coruña para a realización dun programa de accións en materia de investigación a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

10.6.2020

7.200,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

10.6.2020

18.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para dar a coñecer a figura de Domingo de Andrade, arquitecto a que está dedicado o día das Artes Galegas 2020

11.6.2020

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para o desenvolvemento de actividades no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento

11.6.2020

150.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural-Musical de Antiguos Tunos Compostelanos y Amigos do Museo Casa de La Troya para a colaboración nos gastos da xestión das visitas do Museo da Casa da Troia para o ano 2020

15.6.2020

8.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación de Escritores en Lingua Galega para actuacións en materia de normalización lingüística

15.6.2020

8.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Associaçom Galega da Língua (AGAL) para actuacións de dinamización lingüística e de promoción e difusión da cultura

15.6.2020

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua para colaborar no desenvolvemento de actuacións de normalización lingüística

15.6.2020

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio

16.6.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia (España) e a Eötvös Loránd Tudományegyetem (Hungría) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

17.6.2020

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Santiago de Compostela en materia de normalización lingüística

17.6.2020

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Laxeiro para a realización de actividades culturais

22.6.2020

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Teatro Afeccionado para a realización dun circuíto teatral a nivel autonómico e festival Agustín Magán

22.6.2020

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Vicente Risco para a realización de actividades culturais

22.6.2020

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo para o mantemento das dependencias da Casa Grande de Cima de Vila e actividade cultural festa literaria do premio Trasalba

23.6.2020

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación de Gaiteiros Galegos para a realización das VII Xornadas sobre o baile tradicional e VIII Xornadas arredor da música tradicional

26.6.2020

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para levar a cabo accións dentro do marco conmemorativo dos 200 anos do nacemento de Concepción Arenal

26.6.2020

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Colexio de Nosa Señora da Antiga para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de conservación na igrexa e claustro e áreas de visita pública no colexio do Cardeal de Monforte de Lemos (Lugo). Cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

26.6.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) para a realización de actividades culturais e a colaboración coa Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI)

29.6.2020

13.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Obra Social para a realización da XVIII edición do Premio de Poesía Afundación

29.6.2020

6.500,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) para a realización de actividades culturais

29.6.2020

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Federación Española de Religiosos de Enseñanza-Centros Católicos (Ferega-CECA) para realizar actuacións en materia de normalización lingüística

29.6.2020

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha actuación arqueolóxica na Cova Eirós (Triacastela)

1.7.2020

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela para a realización de actividades culturais

3.7.2020

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o sindicato nacional de Comisións Obreiras de Galicia para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

3.7.2020

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

3.7.2020

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia (España) e a Helsingin Yliopisto (Finlandia) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

8.7.2020

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para a rehabilitación de edificio municipal para destinalo á Casa da Música

9.7.2020

300.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira para a construción do novo auditorio municipal de Ribeira e a súa contorna

9.07.2020

400.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación de Banda de Gaitas de Pontevedra para a divulgación da música galega a través da realización de cursos de formación

9.7.2020

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e Contemporánea -Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia- para a produción, comunicación e difusión da programación das galerías asociadas e da propia asociación

9.7.2020

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSI-F Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

9.7.2020

1.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez e mantemento da fundación

10.7.2020

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Carlos Casares para a realización de actividades culturais

10.7.2020

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e ANPE Sindicato Independiente para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

10.7.2020

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación de Escritores en Lingua Galega para a realización de actividades de promoción do libro e a lectura

11.7.2020

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Eugenio Granell para a realización de actividades culturais

14.7.2020

12.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Vigo para a realización de actividades culturais

14.7.2020

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia (España) e a Universidade Federal Fluminense (Brasil) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

15.7.2020

4.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural para a realización de varias accións formativas, telemáticas, que incidan no coñecemento e utilización de ferramentas e recursos para a transformación dixital do tecido cultural galego

17.7.2020

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Galega de Editoras para a asistencia e participación nas feiras internacionais do libro, realización de actividades de promoción e consolidación do sector do libro e mantemento da asociación

22.7.2020

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Allariz para a realización dunha actuación arqueolóxica para a recuperación patrimonial do Castro da Cibdá de Armea (Allariz, Ourense)

22.7.2020

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Confederación Intersindical Galega (CIG) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

22.7.2020

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Paco Lareo. A Solaina de Piloño para a realización de actuacións de normalización lingüística e de fomento da cultura galega

22.7.2020

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Dumbría para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia das bibliotecas públicas municipais de Dumbría dependentes del

22.7.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización das feiras do libro de Galicia no ano 2020

24.7.2020

120.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Barro para a integración da Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Barro na Rede de bibliotecas de Galicia

24.7.2020

Sen dotación económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio

29.7.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Aranga para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Pontearanga e da Axencia de Lectura Municipal de Toxiño, dependentes del

30.7.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol para a xestión da Biblioteca Municipal Central de Ferrol

4.8.2020

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, o Concello de Xunqueira de Espadanedo e a Diocese de Ourense para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a realización das obras de restauración e conservación do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo (Ourense) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1.

6.8.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Cambre para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia das bibliotecas públicas municipais de Cambre dependentes del

10.8.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Valga para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Valga e da Biblioteca Pública Municipal de Cordeiro dependentes del

10.8.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Bergondo para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal de Bergondo, dependente del

10.8.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e as dioceses da Comunidade Autónoma de Galicia para intervencións no patrimonio artístico de titularidade eclesiástica

12.8.2020

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Meaño para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal de Meaño, dependente del

13.8.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Oleiros para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia das bibliotecas públicas municipais de Oleiros dependentes del

14.8.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Cee para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Cee e das Axencias de lectura municipais de Cee, dependentes del

18.8.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Federación Coral Galega para a realización de concertos, cursos e foro Nas portas do teu Xacobeo

19.8.2020

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello da Cañiza para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal da Cañiza e da Axencia de Lectura Municipal de Valeixe, dependentes del

24.8.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Muros para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Muros e da Axencia de Lectura Municipal de Esteiro, dependentes del

24.8.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Boqueixón para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Boqueixón, dependente del

26.8.2020

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Cerceda para a renovación do compromiso de integración na Rede de Bibliotecas de Galicia das Bibliotecas Públicas Municipais de Cerceda dependentes del

28.8.2020

Sen dotación económica