Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 1 de outubro de 2020 Páx. 38096

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a Resolución do 17 de setembro de 2020, ditada nos procedementos BS303B de prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D de prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras na Residencia Xuvenil Altamar para o curso académico 2020/21.

No Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 21 de xullo de 2020, publícase a Orde do 6 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión de prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e se convocan para o curso académico 2020/21, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:

Cidade

Residencia

Núm. de prazas

Lugo

Centro Residencial Xuvenil LUG

74 home/muller

Ourense

Florentino López Cuevillas

55 home/muller

Vigo

Altamar

87 home/muller

Do total de prazas resérvase un 9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional. No suposto de que non se cubran todas as prazas reservadas a persoas que desenvolvan unha actividade profesional coas solicitudes presentadas no prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.

No artigo 13 establécese que, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, a resolución de adxudicación das prazas, a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas e a lista de agarda serán aprobadas e notificadas pola persoa que exerza a xefatura territorial de cada provincia onde radique a residencia xuvenil no prazo máximo de catro meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Unha vez transcorrido o prazo para resolver e notificar sen que se dite resolución expresa, deberá entenderse rexeitada a solicitude correspondente. Estas relacións notificaranse de acordo co establecido no artigo 17.

Na disposición derradeira primeira apróbase a delegación de competencias da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, en función do seu respectivo ámbito territorial, para resolver a adxudicación das prazas e a perda do dereito nas residencias xuvenís dependentes da consellería.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 13 e 17 da referida Orde do 6 de xullo de 2020, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.net con carácter complementario.

Polo exposto, e no ámbito da competencia territorial,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 17 de setembro de 2020, ditada nos procedementos BS303B, prazas de residencias xuvenís para estudantes, e BS303D, prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas, as desistencias, das persoas excluídas e a lista de agarda na Residencia Xuvenil Altamar para o curso académico 2020/21, e na páxina web http://xuventude.net que figura recollida no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 17 de setembro de 2020 pon fin á vía administrativa e contra ela se pode interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de setembro de 2020

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Resolución asinada o día 17 de setembro de 2020, ditada nos procedementos BS303B de prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D de prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas, as desistencias, das persoas excluídas e a lista de agarda na Residencia Xuvenil Altamar
para o curso académico 2020/21

Unha vez convocada a oferta de prazas para os procedementos BS303B e BS303D nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2020/21 mediante a Orde do 6 de xullo de 2020 (DOG núm. 145, do 21 de xullo), e tendo en conta os seguintes antecedentes:

Primeiro. Con data do 17 de setembro de 2020, unha vez examinadas as solicitudes presentadas para a Residencia Xuvenil Altamar, a Comisión cualificadora emitiu un informe a este órgano instrutor.

Segundo. No antedito informe, a Comisión cualificadora indica que o número de solicitudes presentadas foi de 96 e que se presentou unha única solicitude para o procedemento BS303D, que foi excluída pola causa prevista no artigo 3.3.a) da orde de convocatoria.

Terceiro. Unha das persoas solicitantes das prazas de residencias xuvenís para estudantes (procedemento BS303B) desistiu (artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Cuarto. A Comisión cualificadora procedeu a efectuar a valoración das solicitudes admitidas e, tendo en conta os criterios de establecidos no artigo 11 da orde de convocatoria, cubriuse a totalidade das 87 prazas convocadas no procedemento BS303B (prazas de residencias xuvenís para estudantes) e quedou unha lista de agarda formada por 7 persoas.

Vistos os antecedentes citados e tendo en conta o disposto no artigo 9 e 11 da citada orde e os demais preceptos normativos de xeral e pertinente aplicación, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar as prazas e aprobar a relación definitiva dos procedementos BS303B e BS303D de persoas beneficiarias das prazas, desistencias, persoas excluídas e a lista de agarda para a Residencia Xuvenil Altamar, para o curso académico 2020/21, a cal figura no anexos I, II, III e IV, respectivamente, da presente resolución, en vista das solicitudes presentadas no prazo regulamentario e con base no artigo 1 e nos demais requisitos exixidos na convocatoria.

Segundo. Facer pública esa relación mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dos actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.net, con carácter complementario.

Terceiro. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución no Diario Oficial de Galicia (artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Vigo, 17 de setembro de 2020. A xefa territorial de Vigo, María José Pérez-Izaguirre López.

ANEXO I

Persoas beneficiarias

Procedemento BS303B

BS303B Prazas de residencias xuvenís para estudantes. Persoas beneficiarias

Nº orde

Apelidos e nome

DNI

Puntuación

1

Neto Cevallos, Jennifer Fernanda

***5504**

20,75

2

González Garrido, Anselmo

***7548**

20,33

3

Rodrigues Martínez, Ana Carolina

***6160**

20,10

4

Besada Serodio, David

***9431**

19,08

5

De Sa Simón, Andrés

***8731**

19,05

6

Pouso Oujo, Patricia

***9806**

18,94

7

Álvarez Fernández, Mario

***4341**

18,94

8

Campillo Gómez, Carlos

***7747**

18,84

9

Neto Cevallos, Évelin Eulalia

***5835**

18,54

10

Candedo Escariz, Sergio

***3273**

18,50

11

Meis Magdalena, Raúl

***6209**

18,37

12

Vargas Vizoso, Arturo

***3594**

18,33

13

Roca Capdevila, Antonio

***1246**

18,29

14

Acevedo Fabeiro, Daniel

***0287**

17,45

15

Antón Pérez, Ánxela

***4869**

17,45

16

Domínguez Lindo, Hugo

***8368**

17,33

17

Román Lomba, Juan

***9511**

17,33

18

González Padín, Lucas

***4593**

17,25

19

Alberto Quintela, Gael

***8818**

17,17

20

Antelo Regueira, Carlos

***3624**

17,17

21

Araújo Polo, Dhamar Catalina

***6562**

17,11

22

Meizoso García, Joel

***5627**

16,91

23

Ramudo Novo, Uxía

***8223**

16,91

24

Varela Sóñora, Cristina

***1593**

16,60

25

Arias Lage, Noel

***9961**

16,59

26

Viqueira Nouche, Alba

***9037**

16,19

27

Sangiao Tosar, Belén

***1010**

16,09

28

Núñez Mondragón, Daniel

***8904**

16,04

29

Álvarez Viveros, Alexia

***6247**

15,95

30

García Fernández, Brais

***8354**

15,91

31

Cardezo Mosquera, Jorge

***0003**

15,47

32

Robles Faniel, Juan Martín

***3413**

15,45

33

Cao Estalote, Alexandre

***1291**

15,41

34

Lorenzo Rivadulla, Rubén

***9957**

15,40

35

Pérez Pacios, Hugo

***5981**

15,40

36

Pereira Castrillón, Rubén

***2718**

15,30

37

Hermida Carballido, Laura

***8458**

15,07

38

Marie Pichel, Andrea

***5757**

14,97

39

Macía Clavería, Ángel

***3082**

14,82

40

Lorenzo González, Manuel

***3072**

14,46

41

Porteiro Cotelo, Miguel

***0585**

14,22

42

Carballo Guzmán, Sergio

***4642**

13,91

43

Gómez Pazos, Rocío

***4456**

13,78

44

Gómez Reyes, Juan Sebastián

***2717**

13,56

45

Carril Escolante, Nicolás Daniel

***8198**

13,46

46

Ponte Fernández, Diego

***1461**

13,35

47

Vila Pérez, David

***8159**

13,33

48

Villarino García, Iago

***2083**

13,17

49

Bazarra Barreiros, Marcos

***4398**

13,14

50

González Rodríguez, Ángel

***8400**

12,80

51

Esparís Matanza, David

***4878**

12,79

52

Raposo García, Nicolás

***5594**

12,70

53

López Abad, Pablo

***7547**

12,50

54

Rodríguez Garcés, Fernando

***9574**

12,40

55

Fernández-Tafall Insua, Lucas

***5926**

12,37

56

Pemán Sánchez, Álvaro

***5471**

12,32

57

Vasconcellos Vicente, Marta

***0836**

12,23

58

Plaza Pedre, Javier

***2898**

12,16

59

Rodríguez Garcés, Mateo

***9575**

12,15

60

Otero Undabeitia, Ignacio

***3739**

12,00

61

Casas Negredo, Daniel

***6760**

11,86

62

Castro Freire, Diego

***0256**

11,72

63

Gamás Seoane, Laura

***0385**

11,70

64

Rodríguez Diego, Rubén

***9386**

11,60

65

Cividanes Baz, Arón

***6393**

11,55

66

Casado Trigo, Alejandro

***5425**

11,55

67

Álvarez Montes, Noa

***7669**

11,50

68

Freire Candocia, Carmen

***2807**

11,50

69

Martínez Uris, Alberto

***1232**

11,44

70

Bertussi Lorenzo, Alessandro

***9376**

11,39

71

Loureiro García, Brais

***5915**

11,24

72

Martín González, Inés

***5219**

11,12

73

Pacheco Martínez, Miguel

***9464**

11,00

74

Rodríguez Lorenzo, Abeba Ana

***6688**

10,97

75

Simón Cotelo, Manuel

***5438**

10,95

76

Méndez Lombán, Adrián

***6221**

10,80

77

Blanco Mayorgas, Nicolás

***6104**

10,73

78

Ramil Dequidt, Tadeo Miguel

***9623**

10,60

79

García Garay, Marcos

***3777**

10,31

80

Martínez Rodríguez, Laura Marcela

***0911**

10,31

81

López Canay, Mateo

***0493**

10,19

82

Rodríguez Quintairos, Nuria

***6483**

10,05

83

Carral Ortiz, Roberto

***6053**

9,92

84

Álvarez Garcés, Jorge

***8463**

9,90

85

Fernández Espiñeira, Sara

***7901**

9,82

86

Lamas Otero, Jesús

***6083**

9,70

87

Lago Gómez, Paula

***1735**

9,67

ANEXO II

Desistencias

Procedemento BS303B

BS303B Prazas de residencias xuvenís para estudantes. Desistencias (artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Nº orde

Apelidos e nome

DNI

1

González Grandío, Carmen

***9124**

ANEXO III

Persoas excluídas

Procedemento BS303D

BS303D Prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras. Persoas excluídas.

Nº orde

Apelidos e nome

DNI

Causa de exclusión

1

Gómez Reyes, Juan Sebastián

***2717**

Incumpre o requisito art. 3.3.a)

ANEXO IV

Lista de agarda

Procedemento BS303B

BS303B Prazas de residencias xuvenís para estudantes. Lista de agarda.

Nº orde

Apelidos e nome

DNI

Puntuación

1

Veira Fuentes, Juan Manuel

***3940**

9,63

2

Fabelo Bazán, Antonio

***6257**

9,51

3

Rodríguez Lomba, Óscar

***8371**

9,20

4

Rey Regal, Antón

***8987**

9,09

5

Rodríguez Vila, Álvaro

***7500**

9,00

6

Montero Borrás, Diana

***8594**

7,60

7

Braña Castillo, Guillermo

***0078**

4,44