Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 1 de outubro de 2020 Páx. 38150

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (xuízo verbal 823/2019).

Eu, Mar Pino Pérez, letrada da Administración de xustiza de Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no presente procedemento se pronunciou a sentenza con data do 20.11.2019, que no seu encabezamento e sentenza é do teor literal seguinte:

«Sentenza

Vigo, 20 de novembro de 2019.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 823/2019 se seguen por instancia de Asociación de Comerciantes del Mercado de Teis, que compareceu representada polo seu presidente, José Ramón Arce Conde, sendo defendida polo letrado Fernando Culebras Yáñez contra Lourdes Vieira Álvarez, que compareceu persoalmente nas actuacións, os cales teñen por obxecto unha reclamación de cantidade.

Decido:

Acollo parcialmente a demanda interposta pola Asociación de Comerciantes del Mercado de Teis contra Lourdes Vieira Álvarez, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Lourdes Vieira Álvarez a pagarlle á Asociación de Comerciantes del Mercado de Teis a cantidade de 1.418,46 euros. Reportando esta, contada desde a data da presente sentenza, o xuro legal incrementado en dous puntos.

2°. Non hai lugar a efectuar pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lle fará saber que esta é firme e que contra dela non cabe formular recurso de ningún tipo.

Así o acordo, mando e asino».

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC polo presente se notifica a Lourdes Vieira Álvarez, baixo os apercibimentos contidos na devandita resolución.

Vigo, 22 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza