Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 368/2018).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 368/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina García Pantin contra David Díaz García, sobre despedimento, se ditou sentenza con data do 6 de agosto 2020, estimando a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a David Díaz García, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza