Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 849/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maria Dolores Villar Olañeta contra Jaime Lisardo Villamor García e Fogasa, sobre despedimento, se ditou Sentenza con data do 6.8.2020, en que se estima a demanda, contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Jaime Lisardo Villamor García, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 3 de setembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza