Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Vilariño de Conso e A Gudiña (expediente IN407A 2020/018-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, en Ourense o día 5.3.2020, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Enderezo: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: CT e RBT en Venda da Capela.

Situación: Vilariño de Conso, A Gudiña.

Orzamento: 16.093,41 €.

Características técnicas: CT no lugar de Venda da Capela (32AE22), tipo intemperie sobre novo apoio de celosía C-12/2000, de 100 kVA de potencia aparente, con R/T 20.000/400 V.

RBT de 8 m en aéreo e 16 en subterráneo, en condutor tipo RZ 3×95AL/54,6 ALM mm2 AL e XZ1 0.6/1 kV 1×95 AL mm2 Al, respectivamente, con orixe no CT proxectado e final en conexión con CPM de abonado e coa RBT existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo y conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 11 de setembro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense