Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 28 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se acorda someter a información pública o Proxecto de orde pola que se regula a presentación e comunicación de queixas e reclamacións en materia de servizos sociais.

A Consellería de Política Social está a tramitar o Proxecto de orde pola que se regula a presentación e a comunicación de queixas e reclamacións en materia de servizos sociais.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e co fin de garantir unha maior participación da cidadanía neste trámite administrativo,

RESOLVO:

Primeiro. Someter a información pública, durante un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o Proxecto de orde pola que se regula a presentación e a comunicación de queixas e reclamacións en materia de servizos sociais.

Segundo. O texto do proxecto de orde poderá consultarse no portal de transparencia da Xunta de Galicia:

http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-desuxestions

Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía en xeral poderán presentar as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este proxecto de orde na seguinte ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-desuxestions, ou coa súa presentación a través do procedemento PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica).

Así mesmo, as persoas físicas non obrigadas ao emprego dos medios electrónicos poderán presentar as súas proposicións, as suxestións ou as recomendacións a través de escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2020

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social