Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 16 de setembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Cruceira, Eidiño e Pedreira a favor dos/das veciños/as da Eirexa, Prados e Ribela, na parroquia de Ribela (San Xillao), no concello de Coles (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data 4 de febreiro de 2020, resolveu o seguinte:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Cruceira, Eidiño e Pedreira a favor dos veciños/as da Eirexa, Prados e Ribela, na parroquia de Ribela (San Xillao), no concello de Coles (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 6 de outubro de 2017 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Roberto Álvarez Montes e Rosa María López Salas, en que solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Cruceira, Eidiño e Pedreira.

Segundo. Con data do 13 de marzo de 2019, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abriu un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Cruceira, Eidiño e Pedreira.

Superficie: 0,57 ha.

Pertenza: CMVMC da Eirexa, Prados e Ribela.

Parroquia: Ribela (San Xillao).

Concello: Coles.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto desta solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, atravesados por vías de comunicación, que son os constituídos polas parcelas catastrais seguintes:

Predio nº 1: Cruceira:

Parcela en clasificación

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Coles

36

169

32027A036001690000OJ

Parcelas estremeiras

Linde

Polígono

Parcela

Propietario

Norte e leste

36

9001

Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente

Sur

36

9004

Concello de Coles

Oeste

36

170

Malvedo, S.L.

Predio nº 2: Eidiño:

Parcela en clasificación

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Coles

42

100

32027A042001000000OJ

Parcelas estremeiras

Linde

Polígono

Parcela

Propietario

Norte, sur e oeste

42

9010

Concello de Coles

Leste

42

95

Álvaro Manuel Álvarez Rey

96

Herdeiros de Emilio Doforno Laso

99

Laura Iglesias López

Predio nº 3: Pedreira:

Parcela en clasificación

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Coles

42

107

32027A042001070000OA

Parcelas estremeiras

Linde

Polígono

Parcela

Propietario

Norte

42

114

Herdeiros de Dolores Montes Iglesias

Leste

42

9010

Concello de Coles

Sur

36

9001

Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente

Oeste

42

115

Herdeiros de Alfredo Montes Iglesias

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita Lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e que corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que veña gozando del ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu Regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Cruceira, Eidiño e Pedreira a favor dos veciños/as da Eirexa, Prados e Ribela, na parroquia de Ribela (San Xillao), no concello de Coles (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 16 de setembro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Ourense