Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños números 42 e 219, situados na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 7 de setembro de 2020 autorizouse a transmisión da titularidade dos establecementos de acuicultura que se describen:

– Establecemento 1:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 42 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 1.748,30 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Establecemento 2:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 219 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 637,33 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Antigos titulares: Enrique Tomé Torres e Patricia Diz Portas.

Novo titular: Enrique Tomé Torres (***6149**).

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: o novo titular deberá achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 8 de setembro de 2020

A xefa territorial de Vigo
Por delegación de sinatura (Resolución do 26.9.2017)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Recursos Mariños