Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-LU-0020/2020-ORS e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-LU-0020/2020-ORS e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que se pretendan valer, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

Celeiro, 19 de setembro de 2020

Pablo Ramón Fernández Asensio
Xefe territorial de Celeiro

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-LU-0020/2020-ORS

20263708H

Inicio

R/ Atalaya, 14, Ribadeo

PSC-LU-0040/2020-PRE

33997392B

Inicio

R/ O Río, 2, 1º esqda., Burela

PSC-LU-0045/2020-COP

B27355080

Inicio

Lg. Figueirido, 25, Cervo

PSC-LU-0050/2020-PRE

11340618P

Inicio

R/ Concepción Arenal, 4, 1º B, Cervo

PSC-LU-0051/2020-PPM

32706313Z

Inicio

R/ Alfonso Décimo El Sabio, 13, 3º, Narón

PSC-LU-0052/2020-PPM

34882478B

Inicio

R/ Pardo Bazán, 30, 2º B, Burela

PSC-LU-0056/2020-PRE

33760208A

Inicio

R/ Río Narla, 48, 3º E, Lugo