Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38366

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 24 de setembro de 2020 pola que se dispón o cesamento dun membro do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e constitución do seu Consello de Administración, e o artigo 4 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do seu regulamento, que a consellería competente en materia de pesca designará catro vogais entre o persoal ao servizo da Administración autonómica, que deberá ser persoal funcionario ou persoal laboral fixo. Pola súa banda, o artigo 5 do Decreto 41/2005 dispón que os vogais nomeados por proposta da Administración Autonómica poderán ser separados pola consellería competente en materia de pesca.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de Isabel Concheiro Rodríguez-Segade, como vogal do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2020

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar