Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38412

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2020 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola Orde da Consellería de Facenda do 4 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2

– Tribunal titular:

Presidencia: Felipe García Calvo, persoal estatutario, enfermeiro

Secretaría: María Dolores Veiga Gondelle, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2

Vogais:

Margarita María Docanto Alonso, persoal funcionario, traballadora social do Concello de Cabana de Bergantiños

Jorge Fernández Barreiro, persoal estatutario, terapeuta ocupacional

Sonia Ortín Holgado, persoal funcionario do corpo de Mestres

– Tribunal suplente:

Presidencia: Julia Villaverde Nimo, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario

Secretaría: Luisa Fernanda Piñeiro Sanz, persoal funcionario de escalas técnicas de grao medio de organismos autónomos MOPU

Vogais:

Julieta Taboada Martínez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario

Pablo Antonio Pia Castiñeira, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario

Miguel Cid Outeiriño, persoal funcionario, traballador social do Concello de Oza