Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38414

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2020 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola Orde da Consellería de Facenda do 4 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro, e corrección de erros do Diario Oficial de Galicia número 229, do 2 de decembro de 2019, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na
categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da
Xunta de Galicia

– Tribunal titular:

Presidencia: Felipe García Calvo, persoal estatutario, enfermeiro.

Secretaría: María Dolores Veiga Gondelle, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

Margarita María Docanto Alonso, persoal funcionario, traballadora social do Concello de Cabana de Bergantiños.

Jorge Fernández Barreiro, persoal estatutario, terapeuta ocupacional.

Sonia Ortín Holgado, persoal funcionario do corpo de mestres.

– Tribunal suplente:

Presidencia: Julia Villaverde Nimo, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Secretaría: Luisa Fernanda Piñeiro Sanz, persoal funcionario de escalas técnicas de grao medio de organismos autónomos MOPU.

Vogais:

Julieta Taboada Martínez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Pablo Antonio Pia Castiñeira, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Miguel Cid Outeiriño, persoal funcionario, traballador social do Concello de Oza.