Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38416

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2020 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), pola Orde da Consellería de Facenda do 31 de outubro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 211, do 6 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2)

– Tribunal titular:

Presidencia: Jesús Figueroa Rodríguez, persoal estatutario, facultativo especialista de área de Medicina Física e Rehabilitación.

Secretaría: José María Domínguez Blanco, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

Paola Boga Veiras, persoal estatutario, enfermeira.

Eva Pérez Pampín, persoal estatutario, facultativo especialista de área de Reumatoloxía.

Marta Pico Seijas, persoal estatutario, enfermeira.

– Tribunal suplente:

Presidencia: Felipe García Calvo, persoal estatutario, enfermeiro.

Secretaría: María Dolores Veiga Gondelle, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

Rubén Iglesias García, persoal estatutario, fisioterapeuta.

Jorge Fernández Barreiro, persoal estatutario, terapeuta ocupacional.

Regina Martín de Vidales Delgado, persoal estatutario, enfermeira.