Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38418

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2020 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), pola Orde da Consellería de Facenda do 31 de outubro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 211, do 6 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2

– Tribunal titular:

Presidencia: José Ramón Caeiro Rey, persoal estatutario, facultativo especialista de área de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, especialidade Traumatoloxía.

Secretaría: Susana Touza Figueiras, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

Rubén Iglesias García, persoal estatutario, fisioterapeuta.

Óscar Navas Aranda, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Marta Iglesias Rivas, persoal estatutario, enfermeira.

– Tribunal suplente:

Presidencia: María Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría: María José Valenzuela Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

Jesús Figueroa Rodríguez, persoal estatutario, facultativo especialista de área de Medicina Física e Rehabilitación.

Patricia Villajos Grande, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Luis González Taboada, persoal estatutario, médico de familia.