Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38423

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de emprazamento (recurso contencioso-administrativo 4094/2020).

No presente órgano xudicial foi interposto recurso contencioso-administrativo número 4094/2020 polo procurador Luis Alberto Dequidt Montero, en nome e representación de M.I.C.D.V., contra a Consellería de Sanidade, sobre adxudicación de oficinas de farmacia-expediente nº 285/19, Resolución do 9 de decembro de 2019.

Polo que en cumprimento da dilixencia de ordenación do 11.9.2020 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade con dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 14 de setembro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza