Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38424

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de emprazamento (recurso contencioso-administrativo 4109/2020).

No presente órgano xudicial foi interposto recurso contencioso-administrativo número 4109/2020, polo avogado do Estado, en nome e representación de Autoridade Portuaria da Coruña, contra o acordo do Pleno municipal do Concello da Coruña, do 16/01/2020, sobre aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na Solana (A Coruña).

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación de data de hoxe e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade con dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 14 de setembro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza