Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38425

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (799/2020 BC).

Recorrente: Luz Eremia Gómez Picos

Avogado: José María Fernández Jorge

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais número 61, Sideobra, S.L.

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, María de los Ángeles Gómez Lage

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Pimeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 799/2020 desta sección, seguidos por instancia de Luz Eremia Gómez Picos contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais número 61, Sideobra, S.L., sobre incapacidade temporal, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que estimando o recurso de suplicación interposto por Luz Eremia Gómez Picos contra a sentenza con data do 22 de maio de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Ferrol, en proceso sobre prestacións de incapacidade temporal, promovido pola recorrente fronte á Mutua Fremap e outros, debemos revogar e revogamos a sentenza impugnada e estimando a demanda declaramos o dereito de Luz Eremia Gómez Picos ao percibo do subsidio de incapacidade temporal desde o día 20 de setembro de 2017, deixando sen efecto a extinción acordada pola Mutua, e condenamos as demandadas, nas súas respectivas responsabilidades, a estar e pasar por tal declaración.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto), co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, terá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sideobra, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente resolución para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza