Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38427

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 923/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 923/2017-MA por instancia de Domingo Ferreira Fernández contra ISM, Oyalves, S.L., Heroya, S.A. e Grupo Oya Pérez, S.L. y Otros, sobre SSS, nos cales foi pronunciada sentenza no 30 de xullo de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di:

«Decido:

Estimar a demanda formulada por Domingo Ferreira Fernández contra o Instituto Social da Mariña e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, as empresas Heroya, S.A., Grupo Oya Pérez, S.L. e Oyalves, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase o dereito de Domingo Ferreira Fernández a percibir pensión de xubilación do 100 % sobre unha base reguladora de 2.074,61 euros, con efectos, en contía e cos aumentos e melloras procedentes, declarando as empresas demandadas responsables de tal prestación en proporción á cotización deixada de ingresar, así como o deber de anticipo do ISM, con condena, nos seus respectivos conceptos e responsabilidades, a pasaren por tales declaracións e a pagaren ao demandante a pensión de xubilación dun 100 % sobre unha base reguladora de 2.074,61 euros, con efectos desde o 16.5.2017.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Oyalves, S.L., Heroya, S.A.y Grupo Oya Pérez, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza