Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 16 de setembro de 2020, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-01146-O-2020 e un máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación dos expedientes sancionadores número LU-01146-O-2020 e outro, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG). En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 16 de setembro de 2020

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-01146-O-2020

LU-2139-U

Y1153458E

Transportar mercadorías perigosas sen levar a bordo do vehículo unha carta de porte (ou calquera outra documentación exixible) que cubra todas as mercadorías transportadas, levala sen consignar cales son estas ou levala ilexible.

25.6.2020; 17.25; N-540; 16,0

Art. 140.15.8 LOTT

Art. 197.16.8 ROTT

Atenuante

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.i) ROTT

801 euros

LU-01147-O-2020

LU-2139-U

Y1153458E

Transportar mercadorías perigosas carecendo dos extintores ou de calquera outro medio de extinción de incendios que resulte obrigatorio en función do vehículo ou da carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

25.6.2020; 17.25; N-540; 16,0

Art. 141.5.3 LOTT

Art. 198.6.3 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.f) ROTT

801 euros