Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Coles (expediente IN407A 2020/021-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, en Ourense o día 12.3.2020, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMTS, CT e RBTS lugar de Vilarnaz, nº 17.

Situación: Coles-Ourense.

Orzamento: 76.015,26 €.

Características técnicas: LMTS de 34 m de lonxitude de acometida a novo CTC en Vilarnaz, nº 17, condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×150) AL mm2 con orixe no PAS proxectado en apoio 51-12-12 da LMT SAC806 (expediente núm. 2388-AT), tramo derivación ao CT Vilarnaz, e final no CTC Vilarnaz proxectado, rural envolvente de formigón, manobra exterior, illamento en aceite mineral, de 250 kVA de potencia aparente e R/T 20.000/400 V.

RBT de 4 m en aéreo e 478 en subterráneo, en condutores tipo RZ 3(1×150) mm2 AL e XZ seccións 1×150 e 1×240 AL mm2 AL, respectivamente, con orixe no CT proxectado e final nas novas saídas en subterráneo e de enlace coa RBT existente en aéreo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 15 de setembro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense