Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38533

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2020 pola que se convoca para a elección de destino definitivo a persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio) para o ingreso, no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, nas escalas de enxeñeiros/as de minas, enxeñeiros/as de telecomunicacións, arqueólogos/as e facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de bibliotecas e de arquivos.

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito se poida exercer, faise preciso incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escalas de enxeñeiros/as de minas, enxeñeiros/as de telecomunicacións, arqueólogos/as e facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de bibliotecas e de arquivos, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio), acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos definitivo, e segundo a base IV.6 da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que segundo a base IV.6 da convocatoria son convocadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino a Dirección Xeral da Función Pública remitiralle á persoa aspirante un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación.

No prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá pórse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83 para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de dez (10) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao cal se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»-«Procesos selectivos».

Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

4.1. Accederá ao seu expediente electrónico.

4.2. A persoa aspirante deberá en primeiro lugar elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».

4.3. De elixir a opción «Renuncia» deberaa de presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá do seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do grupo a que accede.

4.4. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia.

4.5. A continuación, a persoa aspirante procederá a seleccionar, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan.

Quinto. Á persoa aspirante que non presente a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccione un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso e non se lle adxudique ningún destino ou non presentas a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seralle adxudicado en destino definitivo o posto que lle corresponda atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas entre os cales quedasen sen adxudicar.

Sexto. A persoa aspirante poderá solicitar ser declarada en excedencia por prestación de servizos no sector público regulada no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función da quenda e orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

A persoa aspirante nomeada funcionaria de carreira e adxudicataria definitiva do posto de traballo relacionado nesta resolución disporá do prazo dun (1) mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal

Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Relación de aspirantes que superan o proceso selectivo

DNI

Apelidos e nome

1

***8742**

Álvarez Asorey, Rubén Darío

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Nome

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Niv.

Formación

CU4010000015770009

Posto base subgrupo A1

CU

D. X. do Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

Permiso de conducir B (r.i.).

CU4010000015770005

Posto base subgrupo A1

CU

D. X. do Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

Permiso de conducir B (r.i.).

CU4010000015770012

Posto base subgrupo A1

CU

D. X. do Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

Permiso de conducir B (r.i.).