Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38537

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2020 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, faise preciso incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG nº 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, (DOG núm. 69, do 7 de abril), acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.5 da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. As persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo da Administración xeral ao que acceden.

Segundo. Publicar como anexo I, a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que segundo a base IV.5 da convocatoria son convocados á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Terceiro. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Cuarto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación.

No prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83 para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior abrirase un prazo de 10 días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Quinto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

5.1. Accederá ao seu expediente electrónico.

5.2. A persoa aspirante deberá en primeiro lugar elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».

5.3. De elixir a opción «Renuncia» deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá do seu dereito a ser nomeado persoal funcionario de carreira do grupo ao que accede.

5.4. De elixir a opción «Solicitude de excedencia» deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia.

5.5. A continuación, a persoa aspirante procederá a seleccionar, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan.

Sexto. As persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lle adxudique ningún destino ou non presentase a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedaran sen adxudicar.

Sétimo. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público regulada no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

OItavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función da quenda e orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas funcionarios de carreira e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución, disporá do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

***8099**

Río Mosquera, Luis

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Nome

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Niv.

FCC040000215770016

Técnico/a financeiro/a

FC

S. X. de Recursos e Análise Orzamentaria

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela

A1, A2

25