Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38621

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a dotación de accesibilidade ao grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de xullo de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a dotación de accesibilidade ao grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola, formulado de oficio polo Concello de Santiago de Compostela, e elaborado polos arquitectos José Luis Gil Pita e Mª Cristina Nieto Peñamaría, sen modificacións respecto do que foi aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno o 3.2.2020.

O estudo de detalle, en que se contén a delimitación do ámbito de actuación para mellora de accesibilidade, leva implícita a declaración de utilidade pública e interese social dos bens e dereitos afectados, para os efectos do que dispoñen os artigos 24 e 42.3 do Real decreto lexislativo 7/2015, 13 da Lei 1/2019 de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana de Galicia, e 99 da Lei 8/2012 de vivenda de Galicia.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa e ordenanzas, publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica